Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Recomendación

RECOMENDACIÓN: PORTICO DO PARAÍSO

Imaxe
 Fonte:   FORMA ANTIQVA - Pórtico do Paraíso (porticodoparaiso.com)  O Festival Internacional de Música "Pórtico do Paraíso" xa va pola súa XIV edición.  Esperamos que sexa de voso interese.

RECOMENDACIÓN: L'Orfeo (2ª entrega)

Imaxe
Seguimos coa 2ª entrega da recomendación de xaneiro, nesta ocasión os actos 2º e 3º. Que vos está a parecer?   Fonte: YouTube Acto segundo (5:45) Rodeado polos pastores Orfeo entoa un canto a natureza e conta como corría polos sombríos bosques antes de namorarse. A alegría interrómpese cando chega a Mensaxeira, quen lle anuncia a Orfeo que unha serpe mordeu a súa amada Euridice causándolle a morte. A propia Mensaxeira lamenta ter que dar semellante noticia. Orfeo decide descender os infernos para rescatar a Eurídice (o descenso voluntario o inferno se lle denomina catábasis) entoando un desesperado lamento.   Acto terceiro (52:49) Orfeo chega a lagoa Estigia acompañado pola Esperanza, pero esta anúncialle que non pode levalo máis alá porque viu grabado na pedra o texto que cita a Divina Comedia de Dante: "Abandonade toda esperanza os que entrades". Caronte négase a darlle paso na súa barca pero Orfeo logra durmilo vixiante coa súa arpa e, ro...

RECOMENDACIÓN PARA O VERÁN

Imaxe
  Temos unha recomendación para o verán: Son da memoria de Seso Durán.   Contido : 1. Príncipe Azul 2. Landín Acordeón 3. O fillo asasino 4. Canción dos afogados 5. Aquela muller 6. Interludio: Pregaria de San Simón 7. O cemiterio das botellas 8. Non lle queda máis 9. Esperanza 10. Home 11. Todo    Todas as cancións música e letra de Seso Durán, salvo a pista 6 letra de Eduardo Pantaleón, musicada por Toño Domínguez con Seso Durán, Franc Górriz e Miguel Tenorio.    En biblioteca temos un exemplar grazas ao autor.  Un saúdo

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO

Imaxe
A nosa recomendación para novembro:   Fonte: Concurso de Piano "Cidade de Ferrol"   Concurso Internacional de Piano Cidade de Ferrol 18-25 de novembro 2016 Teatro Jofre Auditorio de Ferrol 

RECOMENDACIÓN DE MAIO: WIM MERTENS

Imaxe
 Fonte: http://www.wimmertens.be/ Wim Mertens é un músico belga en activo e coñecido sobre todo desde finais dos anos 70. O seu estilo -difícil de encorsetar- desenvólvese entre o minimalismo, a música ambiental e diferentes correntes, sempre cunha base clásica.   Como exemplo o seu tema " struggle for pleasure " empregado no mundo da publicidade... Fonte: youtube.com Struggle for pleasure    Pero a recomendación deste mes é para o seu álbum de 1986 " A man of no fortune & with a name to come "... con Mertens ao piano (e o seu inconfundible voz...). Enlazamos co tema "A Tiels Leis". Probade a escoitalo se non o coñecedes. :)   Fonte: YouTube.com  

RECOMENDACIÓN DE MARZO: ALONDRA DE LA PARRA, directora de orquestra

Imaxe
Directora Musical da Orquestra Sinfónica de Queensland (Australia) para o 2016   Fonte: Youtube.com   "La Orquesta Sinfónica de Queensland anunció el nombramiento de la aclamada directora Alondra de la Parra como Directora Musical después de una búsqueda global.  Éste es el primer nombramiento de un Director Musical que realiza cualquier orquesta australiana. “Este nombramiento es un punto clave para la Orquesta Sinfónica de Queensland (OSQ)”, declarou Sophie Galaise, CEO da OSQ, “Nos coloca a la par de otras grandes orquestas del mundo pero además con nuestra primera Directora Musical hemos sumado a nuestro equipo a una líder musical que bien podría elegir trabajar con cualquier orquesta del mundo”, agregó la CEO."  Fonte: www.alondradelaparra.com Por se queredes ler máis, enlazamos un artigo da NBC:  Alondra de la Parra

RECOMENDACIÓN DE FEBREIRO: B.S.O. "BUSCANDO A NEMO"

Imaxe
Fonte: YouTube.com    ¿Coñeces esta película do ano 2003? Foi dirixida por Andrew Stanton e tivo tanta sona que este ano estrenarán unha secuela " Buscando a Dory ".   " Buscando a Nemo " ten unha preciosa banda sonora ¿escoitáchela? Foi composta por Thomas Newman  e nominada ese ano ao Óscar á mellor banda sonora orixinal.      Enlazamos con dúas pequenas mostras da Banda Sonora: " Field Trip " e o marabilloso " Nemo egg " (tema principal)   Fonte: YouTube.com   Fonte: YouTube.com   Por se queres ler máis (e escoitar máis) sobre o compositor, aquí tedes un enlace: Las 10 mejores bandas sonoras de Thomas Newman

RECOMENDACIÓN XANEIRO: CRISTIAN SILVA, EGO

Imaxe
  Carátula do CD: "Ego" O noso compañeiro e profesor de gaita  Cristian Silva  lanzou este pasado decembro o seu primeiro disco en solitario. Contenido : I. A insignificante historia do home astronómico II. - Alma de Inverno III. - Cantos roubados IV. - Teño medo dela V. - O conto do pequeño batedor VI. - Momento pop para Marzo VII. - Arrieiros VIII. - Madames IX. - Silva verde X. - Encélado de sal    Só ao ler as letras, comentarios e dedicatorias todo o CD rescende sinceridade e moito traballo. Unha sorte de "ego sum qui sum" [e aquí tédesme].    Para os que queirades ler máis sobre o CD, copiamos o enlace ca entrevista que lle fixera Montse Dopico. Praza Pública   Tamén a entrada que Marco Fernández fixo para o lanzamento do Videoclip: a insignificante historia do home astronómico .   Fonte: www.youtube.com   A biblioteca dispón dun exemplar doado amablemente p...

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO: O PEQUE CORO DO XAN VIAÑO

Imaxe
Este é o resultado sonoro da gravación que fixo o Peque Coro o pasado Maio no Auditorio José Arriola do Cmus Xan Viaño de Ferrol polo noso compañeiro Sergio Pena.   A presentación do CD, coma sempre moi coidada,  inclúe no seu interior unha preciosa foto de todos os pequecoristas xunto con Catuxa Pita Evia (peque directora) e Alexandra Pita Evia (peque pianista). Chama a atención a marca de auga coa partitura do tema " No Viaño " e a póla dunha cerexeira que tanto significado teñen para o Coro.   Abaixo copiamos o seu contido, que como podedes ver inclúe pezas compostas por dous de nosos compañeiros (Bego e Teo).   Contenido 1. Canon de Bego. Begoña Álvarez co Trío Dumas: Martín Suárez Álvarez (violín), Marta Formoso Pico (chelo), Elisa Esperante Guimaré (piano) 2. Vamos Bebendo. Teo Ramírez 3. Dodi Li. Nira Chen. Arranxo de Dorren Rao 4. Si cien sierras. David Azurza 5. El perro de San Roque. David Azurza 6. No Via...

RECOMENDACIÓN DO DÍA: B.S.O. PESADELO ANTES DE NADAL

Imaxe
Fuente: www.filmaffinity.com Non puidemos resistilo e desde a biblioteca facemos este enlace a un anaco da banda sonora da recomendable película dirixida por Henry Selick e producida polo inconfundible Tim Burton " Pesadelo antes de Nadal ". Esperamos que vos guste. Fuente: YouTube.com. Esto es Halloween.   Versión original: This is Halloween

OUTRA RECOMENDACIÓN DE ABRIL: LUCAS VIDAL (1984)

Imaxe
 O seu estudo de gravación está en Los Ángeles, ten máis de 14 bandas sonoras para Hollywood e cine europeo e apenas 31 anos. É madrileño e a música sempre estivo na súa vida pois o seu avó foi un dos fundadores de Hispavox . Estudiou cunha beca en Berklee College of Music , licenciouse con Summa Cum Laude e foise a Nova York, onde fixo estudos de posgrado na Juilliard.    Lucas Vidal. Fonte: www.isaachernandez.com/  Ten gravadas máis de 100 sesións con orquestra en Abbey Road Studios, AIR Studios, Praga, Los Ángeles, Kiev, España e outros. Ademais de música para cine tamén ten obras para ballet, colaborando co Boston Ballet.   Actualmente vive en Los Ángeles e divide o seu tempo entre a súa empresa " MUMO " (Music and Motion Productions) e "Chroma" en Venice (Los Ángeles) e Madrid.   Se queredes coñecer máis del propoñemos un enlace a IMDb  onde atoparedes a súa filmografía actualizada e outro...

RECOMENDACIÓN DE FEBREIRO: MUSICREQUES

Imaxe
Asociación Musical "Musicreques" (fonte: http://musicreques.blogspot.com.es/ )  A Asociación Musical " Musicreques " son as nosas compañeiras Alma Cendán González e Loreto Pérez Sánchez que ademáis de ser pianistas profesionais e profesoras superiores deste instrumento no CMUS Xan Viaño de Ferrol, crearon en 2012 esta asociación sen ánimo de lucro para, coma elas mesmas explican no seu blog " promover a música clásica entre os máis pequenos e achegar a música aos centros educativos ".    Para iso realizan Concertos Didácticos nos colexios da provincia de A Coruña e como poderíamos adiviñar polo seu nome, nos seus concertos atopamos música de piano en directo mesturada co teatro de monicreques: unha combinación que abraia e encanta aos nenos. Tamén actúan nas Bibliotecas Públicas de Galicia e en diversas salas dos concellos coruñeses destinadas a actuacións e concertos.  A día de hoxe teñen os seguintes espectáculos (os dous primeiros dispoñen a...

OUTRA RECOMENDACIÓN DE XANEIRO: TCHAIKOVSKY "Danza da fada de azúcar" da suite "O Quebranoces" Op. 71a

Imaxe
Estos días o rincón do compositor e o concerto do luns 26 está dedicado a Tchaikovsky; desde a biblioteca imos recomendar un fragmento da obra deste compositor ruso. " O Quebranoces "  foi o terceiro ballet que Tchaikovsky compuxo polo encargo de Ivan Vsevolozhsky, director dos Teatros Imperiais quen quixo de novo contar ca música do compositor tralo éxito de " A bela durminte " (1890).    O seu libreto  parte dunha adaptación de Alejandro Dumas pai  sobre un conto de Hoffmann (" Quebranoces e o rei dos ratos " de 1816). A historia desenvólvese na Navidad de 1850, en Alemania, na casa do juíz Stahlbaum. Os fillos do matrimonio, Clara e Fritz, están a abrir os regalos e aparece o vello Drosselmayer -mago e padriño de Clara- co seu sobriño e tres caixas para ela, nas que hai un Arlequín, unha Colombina e un gran Quebranoces ca forma dun soldadito de madeira.  Deseño de vestiario Ivan Vsevolozhsky para "O Quebranoces" (1892) ...

RECOMENDACIÓN DE XANEIRO: JON GOMM

Imaxe
Nesta entrada colgamos un video de Jon Gomm titulado " Passionflower " (pasiflora), un dos tema do seu derradeiro álbum " Secrets Nobody Keeps ".     Jon Gomm, Passionflower . Video: Danielle Millea e Owen Plummer ( The Northern Film School )     Se queredes coñecer máis deste guitarrista podedes navegar pola súa páxina web. Nela atoparedes información dos seus concertos, música e videos para escoitar gratis, comentarios ós temas do propio autor e a posibilidade de mercar na tenda diferentes productos a bos prezos (tamén mp3 e tablaturas)   http://www.jongomm.com/ ¡Esperamos que vos guste!

OUTRA RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: MOZART E "A FRAUTA MÁXICA"

Imaxe
Mozart escribiu "A Frauta Máxica" ( Die Zauberflöte ) o mesmo ano do seu morte (1791) no medio dunha situación persoal difícil (problemas económicos e de saúde, preocupacións familiares) e a unha gran velocidade: estrenouse o 30 de setembro do 1791 en Viena  dirixida polo propio Mozart. Desde hai uns sete anos antes, Mozart xa formaba parte do movemento francmasónico que estendeuse rápidamente ó longo do século XVIII por Europa ó calor da Ilustración e de feito  moitos interpretan este conto de fadas coma unha complexa obra esotérica e iniciática. De calquera xeito, esta mestura de fantasía e símbolos masones amosa unha nova concepción da ópera de Mozart quen parecía quer mesturar nela todas as ideas musicais do XVIII. O argumento é o seguinte: o príncipe Tamino perseguido por unha serpe entra nas terras da raíña da Noite, quen aparece ensinándolle un retrato da súa filla...

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO: "Sémélé" de MARIN MARAIS

Imaxe
 Enlazando co rincón do compositor, a recomendación desde mes dedicarémola a Marin Marais.    En 2007 Hervé Niquet á cabeza de Le Concert Spirituel  recuperou para a súa grabación " Sémélé" , a derradeira ópera dun dos grandes compositores do reinado de Luis XIV: Marin Marais. Coñecido sobre todo pola súa música de cámara para  viola dá gamba , Marais tamén asinou varias tragédies lyriques para á Académie Royale de Musique.     " Sémélé" que foi estreada en 1709 ofrece moitos atractivos para quen lle guste a música barroca: un chispeante prólogo en honor a Baco, arias cheas de orixinalidade, unha inspiradísima escena infernal, divertissements variados e  ricos en carácter e o momento culminante dun terremoto que xa anticipa as grandes páxinas de Rameau.       Séméle: Duo " Chantons Ses Glorieux Exploits "   Le Concert Spirituel . Hervé Niquet Sémélé: Shannon Mercer -...

22 DE NOVEMBRO: DÍA DA MÚSICA E DOS MÚSICOS

Imaxe
 É emocionante pensar que unha parte do mundo, á marxe das súas causas, coincide nun día para celebrar a Música. Dende a Biblioteca aproveitamos para facer unha recomendación musical neste día: se tedes 1'25'' podedes escoitar " Balulalow ", de Benjamin Britten, unha deliciosa peza do seu " Ceremony of Carols " Op. 28.      Esperamos que vos guste.