Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

CATÁLOGO 22-23: MULLERES

Imaxe
  Descárgalo en pdf

EUFONÍA nº 95

Imaxe
           Xa está dispoñible o derradeiro número de Eufonía ( R.M euf95, *R8016 ) Podes consultar a súa disponibilidad na  OPAC

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 7 de xuño

Imaxe

NOVIDADES: LUGAR DE INCENDIOS

Imaxe
 O noso compañeiro de linguaxe musical, Serxio Moreira, fíxonos unha preciosa doazón: " Lugar de incendios ", ed. Caldeirón de Paco Souto e el mesmo.  Unha edición moi coidada con música da que saen poemas e cadros... Pódela atopar en:  PI.S(S) 62; *R8010 Podes consultar a súa disponibilidade na  OPAC

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: MATERIAIS PLAMBE

Imaxe
 Fonte:  Asesoría de bibliotecas escolares "Os pasados 30 e 31 de marzo celebráronse, no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares correspondentes ao curso 2022/2023, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a lectura, a literatura galega, a intelixencia artificial, a mediación lectora, a alfabetización mediática e informacional. Ademais, presentaranse un total de 21 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, traballo por proxectos, familias na biblioteca escolar, radio na biblio, bibliotecas LIA.3  e outros... ).    Adxúntase o enlace a  redeBE  cos vídeos e materias aportados por relatores e relatoras".     PROGRAMA E DOSSIER redeBE #EPLAMBE23 

GRANDES LECTORES 22-23

Imaxe
 Un curso máis  quixemos recoñecer de novo a ilusión e o entusiasmo dos nosos usuarios e tres foron os grandes lectores elixidos por MEIGA.  Esperamos que continúen coa mesma ilusión mergullándose na lectura e na escoita. Seguimos...

SEGUNDO PUZZLE COLABORATIVO: rematado

Imaxe
Instruments of the Orchestra, 1000 pezas    Xa está rematado o segundo puzzle colaborativo do curso. Está en espera de convertirse en cadro... e a continuación a nube cos participantes!!!! Noraboa a todos

INFORMACIÓN SERVIZOS: PECHE DA BIBLIOTECA

Imaxe
      O último día de apertura da biblioteca será o venres 12 de maio . Pregamos teñades previsto o posible material que necesitaredes durante as probas para emprestalo antes do peche e devolvades o que xa non necesitedes. Moitas grazas

23 de abril, DÍA DO LIBRO

Imaxe
Fonte:  Ministerio de Cultura y Deporte E cando vaias á biblioteca esta vindeira semana, lembra que con motivo do  Día do Libro estamos a  repartir marcapáxinas co lema das bibliotecas deste curso. Así que se les, colle un e se non les, colle un e proba. Feliz Día do Libro

XA TEMOS CADRO

Imaxe
  Qué é iso que está encima do sofá? Pois o primeiro puzzle que fixeches... Venide a velo á biblioteca que as fotos non son moi boas. Quedouvos precioso.

NOVA DOAZÓN: audiovisuais

Imaxe
 Grazas a unha doazón temos catro DVD: unha película e tres DVD dedicados a la música sinfónica. Dispoñibles na sección de audiovisuais

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 21 de abril

Imaxe
  Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana e as profesoras de frauta, alumnos desta especialidade poderán disfrutar deste concerto.

PUZZLE

Imaxe
  Ay,... qué pouco queda... Está quedando precioso  Saúdos desde a biblioteca

INFORMACIÓN SERVIZOS: 26 e 27 de abril

Imaxe
      Os vindeiros 26 e 27 de abril a biblioteca permanecerá pechada con motivo do curso de clarinete. Pregamos teñades previsto as necesidades de material. Un saúdo

DÍA DO LIBRO: necesitas un marcapáxinas?

Imaxe
  Con motivo do Día do Libro (vindeiro 23 de abril) imos repartir marcapáxinas co lema das bibliotecas deste curso. Así que se les, colle un e se non les, colle un e proba.

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 21 de abril

Imaxe
 

PUZZLE en proceso

Imaxe
  Subimos un par de fotiñas do puzzle e dos vosos avances... queda pouco!

RETO MUSICAL

Imaxe
                                                            PISTA NÚMERO 3  

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA

Imaxe
Date(s) - 13/04/2023 20:30 Ubicación Auditorio de Ferrol Pacho Flores trompeta | Manuel Hernández-Silva director GABRIELA ORTIZ Concerto para trompeta (estrea absoluta) PAQUITO D’RIVERA Concerto para trompeta (primera vez pola OSG) VASILI KALINNIKOV Sinfonía n* 1 en sol menor (primeira vez pola OSG)
Imaxe
  Neste segundo reto queremos centrarnos no estilo concreto ao que nos estamos a referir. O estilo dunha época moitas veces está asociado a un país concreto. Imos a dar 3 pistas: O estilo deste reto caracterízase pola moderación, o refinamento e a exquisitez.  Nese país fálase unha lingua latina como o galego e o castelán. Este país ten unha torre moi alta, e nesa mesma cidade hai unha catedral moi importante que ardeu fai poucos anos. Para contestar ben o II Reto tes que poñer o nome do estilo e o país ao que fai referencia. Por exemplo: Romanticismo Alemán A que estilo concreto nos estamos a referir?

HOXE

Imaxe
 A biblioteca José Fontenla Leal está en Santiago

PUZZLE

Imaxe
 Pouco a pouco o novo puzzle vai collendo forma. Pasade pola Biblioteca e animádevos a ver cómo vai quedando. Boa tarde de mércores.

SERVIZOS: Charla na biblioteca ás 20:00

Imaxe
  O xoves  30  d e marzo  ás 20 :00 a biblioteca acollerá unha charla a cargo do xefe de estudos.  Só haberá servizo de empréstito-devolución e a entrada será pola outra porta. Pregamos sexades previsores co material que poidades necesitar para minimizar as entradas. Un saúdo

III RETO MUSICAL: 1ª pista

Imaxe
 O lema das bibliotecas deste curso é “ A Escritura ”. Para o reto musical deste novo curso queremos relacionar a escritura musical coa interpretación musical. Moitas veces a partitura non contén toda a información sobre a interpretación musical. Cada estilo musical, cada época, ten o seu propio linguaxe. Na música culta cada época ten o seu propio acento. O mesmo que ocorre entre unha persoa de Ferrol e outra de Vigo; falamos o mesmo idioma pero con acentos diferentes. Por este motivo é moi complexo representar toda a información sobre ese “acento” nun simple pentagrama. O estilo musical no que está contextualizado o RETO MUSICAL deste ano caracterízase por ser unha música moi continua, con poucas pausas, onde as obras solían ser breves.  Moitas veces as melodías das obra se entrelazaban ese imitaban entre elas o que se coñece como Contrapunto . Os interpretes tamén ornamentaban moito as melodías e na maioría dos casos os ornamentos nin estaban escritos nas partituras.  O acompañament

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: 13 de abril

Imaxe
Fuente:   Sociedad Filarmónica Ferrolana   Fecha/Hora:  13/04/2023,  20:30 Ubicación:  Auditorio de Ferrol Pacho Flores trompeta | Manuel Hernández-Silva director GABRIELA ORTIZ Concerto para trompeta (estrea absoluta) PAQUITO D’RIVERA Concerto para trompeta (primera vez pola OSG) VASILI KALINNIKOV Sinfonía n* 1 en sol menor (primeira vez pola OSG) Aínda quedan 2 entradas para este concerto das 10 coas que a Sociedad Filarmónica Ferrolana agasalla ao Conservatorio. Se che apetece asistir de balde, aínda podes apuntarte en Conserxería.

2º PUZZLE COLABORATIVO

Imaxe
  Dende hoxe temos na biblioteca outra proposta de puzzle colaborativo. Nesta ocasión os instrumentos dunha orquestra sinfónica.  Por se vos animades, lembramos as instrucións e esperamos que o disfrutedes moito. Aí está...

PROXIMAMENTE: ASESORÍA, ENCONTROS DOS CENTROS PLAMBE

Imaxe
 

NOVIDADES: historia da música

Imaxe
Temos novidades na especialidade de linguaxe musical ( H.V /can ;  *R8004). A Orquestra Clásica de Vigo achéganos este exemplar de Canto de emigración. Historia da música de Teódulo R. Páramos , un proxecto de documentación e divulgación no que participan Pepe Coira, Alejo Amoedo, Marcos Amado e Manuel Martínez Torres. " Esta é unha historia trazada coas pegadas da memoria en torno a unha obra perdida. Vestixios que dixou ao seu paso Canto de emigración, unha película dirixida por Antonio Román en 1935, obra única e vangardista do patrimonio fílmico galego.  No ano 2021 iniciouse un traballo de investigación dirixido por Pepe Coira para imaxinar este filme perdido, partindo do ronsel que chegou ata os nosos días en forma de fotogramas, reseñas na prensa, fotografías, o guión e a música. Esta última é o cerne deste libro. Unha partitura, composta por Teódulo R. Páramos e custodiada pola súa familia, resultou ser alicerce fundamental. O fío co que tecer unha historia da música e os

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: MAÑÁ

Imaxe
                                                                        Fuente: Sociedad Filarmónica Ferrolana

NOVIDADES: LINGUAXE MUSICAL

Imaxe
Temos novidades na especialidade de linguaxe musical ( L.L 157, *R8003) Podes consultar a súa disponibilidade na  OPAC

NOVIDADES: DOSSIER Graó

Imaxe
                                      Xa está disponible en sala o derradeiro número de  Dosier de Graó.

CONCURSO: RETO MUSICAL. BASES

Imaxe
  BASES :     1.  Participantes:  alumnado do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Cada alumna/o pode participar unha vez.     2.  Requisitos:  responder correctamente a cada un dos TRES retos propostos no blog da biblioteca:  http://bibliotecajosefontenlaleal.blogspot.com - O reto nº 1 publicarase o día 24 de marzo - O reto nº 2 publicarase o día 31 de marzo - O reto nº 3 publicarase o día 14 de abril     3.    Respostas:  cada participante deberá escribir nunha folla a resposta do reto xunto cos seus datos (nome completo, curso, número do reto e resposta). Exemplo: Nome: _____________________ Curso: _____________________                                     Resposta: Reto 1:_____________________       Tamén se poderá concursar nunha única participación a partir da publicación do reto nº 3 tendo que responder aos tres retos tal que así: Nome: _____________________ Curso: _____________________                                     Respostas: Reto 1:_____________________ Reto 2:_____________________

III RETO MUSICAL

Imaxe
 

NOVIDADES: PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
                          Xa está dispoñible o derradeiro número de Eufonía ( R.M euf94, *R8001 ) Acceso ao seu contido dixital:  REVISTA EUFONIA - 094 (ENERO 23) - Educación musical y competencias - Publicacions Editorial Graó (grao.com) Podes consultar a súa disponibilidad na  OPAC

CONCURSO MANUEL MARÍA DE COMPOSICIÓNS MUSICAIS

Imaxe
 Grazas á Fundación Manuel María de estudos galegos tedes dispoñibles a canción gañadora e finalistas do 1º Concurso Manuel María de Composicións Musicais convocado en marzo de 2022 destinado a premiar a mellor canción lírica para voz e piano -nesta ocasión para barítono- escrita sobre un poema de Manuel María (C.P.89, *R8000 ).  Copiamos enlace con información referente á segunda edición do Concurso que está aberto á participación ata o 15 de xuño. A casa de Manuel María convoca o segundo concurso de composicións musicais - TERRACHAXA (galiciaxa.com)

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 17 de marzo

Imaxe
  REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Date(s) - 17/03/2023 20:30 - 22:00 Ubicación:  Auditorio de Ferrol Novo/a titular, director/a | Alexandra Diarescu, piano Programa: A determinar Grazas á Sociedad Filarmónica 10 alumnos/as do Conservatorio poderán asistir de balde. Lembra: 1.     Data límite para reservar unha entrada: luns 13/3/23 ás 19:00 . 2.     As entradas (10) adxudicaranse por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3.     Anunciarase como recoller as entradas. 4.     As entradas son personais e intransferibles. A Taquilla do Jofre terá un listado cos/coas alumnos/as que leven entrada.  Animádevos.

8 DE MARZO NA BIBLIOTECA

Imaxe
 Con motivo do Día Internacional da Muller, fixemos unha pequena exposición con fondos seleccionados de mulleres: intérpretes, escritoras, ilustradoras, compositoras, etc... Esperamos que os animades a curiosear por eles. A exposición estará ata o 10 de marzo.  Tamén podedes descargarvos un tríptico cunha pequena selección de compositoras de música contemporánea e unha mostra algo máis ampla de " mulleres no noso catálogo ".                                        Recomendacións de escoita: mulleres na música contemporánea E non vos esquecedes de coller unha frase inspiradora... Feliz semana.