XANVI RECOMÉNDACHE UN CÓMIC: 💬 TIBURÓN BLANCO 💬

Sabemos que sodes moitas as aficionadas/os aos cómics neste conser, por iso Xanvi quere recomendarvos un cómic mensualmente.

Desta volta queremos recomendarvos TIBURÓN BLANCO 



Tiburón Blanco, de Genie Espinosa, é unha historia íntima de crecemento e transformación sobre a soidade e a dor na que apenas hai acción, aínda que a enorme personalidade da autora é aínda presente en cada páxina. 

Despois de recibir a noticia da morte do seu pai -a quen nunca coñeceu-, Maude viaxa á pequena illa de Jesmond para resolver os trámites e recoller as súas pertenzas. Cando baixa do ferry, debe enfrontarse a un fogar e a lembranzas alleas, unindo as pezas que reconstruen a figura paterna a través de recortes de revistas, discos e mensaxes gravadas en casetes antigos. En dez días todo ten que estar limpo, entón Maude pode seguir coa súa vida. Non obstante, o que non espera son os constantes cortes eléctricos na illa e a emoción imperante dunha poboación que está a piques de celebrar o 20 aniversario do avistamento dun enorme tiburón branco.

En Tiburón Blanco, Genie Espinosa constrúe unha historia que nos fala dunha enorme cantidade de temas cos que é moi doado sentirse identificado, como a dor, a soidade, o peso do pasado nas nosas vidas, a influencia que exercen os nosos pais, a soidade, os problemas da falta de comunicación, a procura do noso lugar no mundo, etc... Uns temas que foron abordados moitas veces, pero dos que sabe sacar unha visión poética, diferente e fresca grazas a unha apartado gráfico cheo de experimentos visuais e narrativos cuns textos moi medidos que reforzan a mensaxe que se quere transmitir. Unha das obras máis interesantes deste ano que consolida a autora catalá como unha das grandes referentes do panorama nacional actual.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Artigo sobre Xan Viaño

Plan de Fomento de la Lectura 2026–2030: ¡Leer es un derecho!