RECOMENDACIÓN DO MES - XANEIRO
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEilnjbPAD62xQOKVgs_RXs37OpO2A9BbGd4xsGo5nD7iPpI26mhOPD2851vG9aR24q2AIxav8TnSfiue8EfsYOoAYYP3awlIPXv_p60YX2tiw3YJiv4rRKMcExP16e6HktFQ8sWhHWvQgE/s200/A+nena+e+o+grilo00.jpg)
Hola a tod@s: Despois de pasar un certo tempo de ausencia desta sección, trataremos todos os meses de recomendarvos algunhas publicacións, discos... que poidan ser do voso interese. "A nena e o grilo nun barquiño" é o título do novo disco-libro de Magín Blanco. Trátase do primeiro conto que edita FOL MÚSICA , un libro de 60 páxinas decorado con fermosas ilustracións a cargo de Leandro Lamas (pintor afincado en Narón) e aderezado con estimulantes actividades creativas para nenos, de xeito que poidan pintar, escribir e debuxar no seu propio libro, acompañado dun CD con 13 cancións. Esperamos que vos guste.