XI CONCURSO XAN VIAÑO DE CREACIÓN MUSICAL
Como sabedes, o Departamento de Composición do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol convoca o XIº Concurso de Creación Musical , que terá como finalidade a creación dunha composición curta e está aberto a to@s @s alumn@s do centro . Na súas bases, o punto segundo di que: "Entanto que o Día das Letras Galegas 2015 está dedicado a Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), valorarase que as composicións inclúan algunha cita das melodías recollidas no seu Cancionero Popular Galego ". A biblioteca dispón dun exemplar (M129) que está disponible para a súa consulta en sala para tod@s @s alumn@s que o precisen. Asimesmo, para facilitar durante a Semana Santa o traballo dos compositores desde o Departamento dan un enlace da Universidade de Santiago de Compostela o cal da acceso ás súas coleccións bibliográficas dixitalizadas e á produción investigadora e docente dos seus membros . ¿A que é xenial? Minerva. Repositorio Institucional da USC ...