Contacontos e charla con Isabel Ramos Breijo. Na nosa biblioteca o 10 de decembro ás 17:00 h.
O día 10 de decembro ás 17:00 h. , teremos a visita na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, da escritora galega ... 🌟📖🖋 Isabel Ramos Breijo (Puente de Mera, Ortigueira, 1971). Amante da escritura dende moi nova, comezou no mundo do teatro con Roberto Leal, incorporándose posteriormente ás escolas de teatro de Narón con Luis Ramos, onde participou durante varios anos como membro activa do grupo TEN, co que representou varias obras. Nese grupo coñeceu a María Jesús Guillén (Fusa), coa que fixo o curso de perfeccionamento. Colabora con diversas asociacións culturais e publicou os seus primeiros relatos na revista literaria Amigos de la poesía y la literatura de Narón. Tamén participa en varios obradoiros de escritura, entre eles Pluma Encendida . Forma parte como membro moi activo da Asocación Gallega de Escritores ( AGER ). Presentou o seu primeiro libro de relatos "Hasta el infinito y más allá" no ano 2022 e un ano despois, a novela negra/policíaca "El s...