Contacontos e charla con Isabel Ramos Breijo. Na nosa biblioteca o 10 de decembro ás 17:00 h.


O día 10 de decembro ás 17:00 h., teremos a visita na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño, da escritora galega ...

🌟📖🖋 Isabel Ramos Breijo (Puente de Mera, Ortigueira, 1971). 
Amante da escritura dende moi nova, comezou no mundo do teatro con Roberto Leal, incorporándose posteriormente ás escolas de teatro de Narón con Luis Ramos, onde participou durante varios anos como membro activa do grupo TEN, co que representou varias obras. Nese grupo coñeceu a María Jesús Guillén (Fusa), coa que fixo o curso de perfeccionamento. 

Colabora con diversas asociacións culturais e publicou os seus primeiros relatos na revista literaria Amigos de la poesía y la literatura de Narón. Tamén participa en varios obradoiros de escritura, entre eles Pluma Encendida. Forma parte como membro moi activo da Asocación Gallega de Escritores (AGER).

Presentou o seu primeiro libro de relatos "Hasta el infinito y más allá" no ano 2022 e un ano despois, a novela negra/policíaca "El secreto de Andrea", sendo a escritora máis lida en Narón no 2024 e en Neda no 2025. Os exemplares están espallados polas librerías de Ferrolterra e tamén os podedes atopar en internet. Tedes as ligazóns se premedes no título dos libros.

Estades todos e todas convidados/as, a esta sesión tan especial, apta para todas as idades. Dende os máis pequenos escoitando os contos de nadal🎄 ata os/as adolescentes e adultos/as, nunha charla ben interesante sobre a influencia da música na literatura✍🎵🎶.

Vémonos na Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño.
Grazas

O Equipo de Biblioteca

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025