Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Real Academia Galega

Primavera das letras 2025

Imaxe
A Real Academia Galega xa ten dispoñible na páxina web de  Primavera das Letras  o texto teatral  As Ferreñas (en vivo e en directo) , a achega de Paula Carballeira á última edición do proxecto da Real Academia Galega para o público máis novo co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral.   Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Nas vindeiras semanas iranse estreando novos contidos.   Máis información sobre actividades e outros contidos para o Día das Letras Galegas 2025 na web da  Real Academia Galega

Cantareira, dina, fala, meu… Estas son as seis candidatas a Palabra do Ano 2024

Imaxe
  A Real Aca demia Galega abre a fase de votación popular para elixir o vocablo que sucederá a cibercarracho, comadre e tanxugueiras Termos finalistas para Palabra do Ano 2024. Foto: RAG Aparvar(se), cantareira, dina, emerxencia climática, fala e meu son as  finalistas para Palabra do Ano 2024  da Real Academia Galega (RAG). Os vocábulos, que apelan de distinta maneira a temas que marcaron a actualidade dos últimos meses, responden dende a lingua propia a expresións alleas ou mesmo miran con ilusión cara ao 2025, cando se dedicará o  Día das Letras Galegas á poesía popular oral  e ás mulleres que a transmitiron ao longo dos séculos coas súas voces. A votación telemática para escoller a gañadora, que deu comezo este mércores, permanecerá  aberta ata as 23:59 horas do 25 de decembro  a través do Portal das Palabras da RAG. Neste 2024 medrou aínda máis a preocupación polos efectos do  consumo excesivo de contidos nas red...