Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta divulgación científica

Tal día como hoxe 2 de maio: Leonardo da Vinci, un visionario da ciencia

Imaxe
  Leonardo da Vinci , o gran artista do Renacemento, modelo do  home universal , foi tamén un xenio científico e tal día como hoxe morría no ano 1519. Á parte da súa obra pictórica, tan exquisita como escasa, houbo un Leonardo dedicado á observación rigorosa, o experimento e a formulación exacta de principios xerais a partir da experiencia empírica. Nos miles de páxinas dos seus cadernos de notas, que só empezaron a ser estudados a fondo nas últimas décadas, atopamos anticipacións de moitos desenvolvementos posteriores da ciencia moderna. Os seus contemporáneos sabían que Leonardo dedicaba boa parte do seu tempo ao estudo da filosofía natural, que é como se chamaba á ciencia entón (o termo inglés ' scientist ' non apareceu ata 1840) e así mesmo temos constancia de que Leonardo planeaba publicar numerosos tratados científicos cos materiais recolleitos nos seus cadernos. Podedes seguir lendo o artigo no National Geographic . A súa figura é tan relevante que o robot cirúrxi...

Científica Galega do Ano 2026

Imaxe
  A oceanógrafa  Aida Fernández Ríos  foi nomeada Científica Galega do Ano 2026 pola Real Academia Galega. Trátase da primeira muller que dirixiu o Instituto de Investigacións Mariñas. Especializada nos cambios físico-químicos dos océanos e a súa relación co clima, participou en 30 campañas oceanográficas por todo o mundo, cinco delas como xefa científica. Ademais, formou parte dun programa internacional que contribuíu á primeira avaliación global de dióxido de carbono oceánico causado pola actividade humana, que evidenciou o problema da acidificación dos océanos. En 2015 ingresou como académica numeraria.

Día da Muller e da Nena na Ciencia

Imaxe
  O 11 de febreiro conmemórase o Día da Muller e da Nena na Ciencia, que visibiliza o traballo das mulleres que se dedican ás áreas STEM, creando así referentes femininos para a infancia. É por iso que hoxe compartimos con vós esta  noticia  publicada no xornal gCiencia, onde se dan a coñecer dez científicas galegas de gran relevancia.

A pintura rupestre máis antiga do mundo

Imaxe
  Nunha cova de pedra calcaria da illa de Muna, en Indonesia, un grupo de arqueólogos encontrou a silueta dunha man pintada en negativo que ten, polo menos, 67800 anos de antigüidade. Este novo descubrimento non só adianta a orixe coñecida ata agora da arte rupestre, senón que a despraza xeograficamente desde Europa ata o sudeste asiático. Os responsables do descubrimento recoñecen que non poden saber con toda seguridade quen pintou a man de Muna, pero din que a explicación máis probable é que fosen  Homo sapiens . Toda a información  aquí .

Xaneiro científico 2026

Imaxe
 

Calendario Científico Escolar 2026

Imaxe
  Xa está á vosa disposición premendo  neste enlace.

Falece Jane Goodall

Imaxe
  Hoxe dedicamos este post á etóloga británica  Jane Goodall , falecida onte aos 91 anos de idade, e quen é considerada a maior experta mundial en chimpancés. Estudounos durante máis de 60 anos en estado salvaxe e descubriu neles pautas de conduta e habilidades descoñecidas ata entón. O seu traballo foi fundamental para comprender as raíces do comportamento humano, dada a proximidade evolutiva das dúas especies. Ler máis en SINC

Día Internacional dos Bosques

Imaxe
Sabes, de verdade, como funcionan os bosques? Nun bosque todo está conectado. Pero ademais, todas as persoas tamén están conectadas cos bosques. E, sen dúbida, o bosque é a nosa casa. Entra neste libro e descubrirás unha cantidade tan grande de cousas sorprendentes (e que moi pouca xente coñece) que te converterás nun especialista forestal. Garantía! Con  O bosque é a nosa casa  atoparedes moita información.

Feira Isabel Zendal no Aquarium Finisterrae

Imaxe
  Este sábado 1 de febreiro, o Aquarium Finisterrae da Coruña celebra a  Feira Isabel Zendal , con talleres científicos para todos os públicos da man de alumnado e profesorado da Universidade da Coruña. Ese día, a entrada será gratuíta para todas as persoas que visiten o Aquarium con reserva de entradas, que pode facerse na seguinte  dirección . Non volo perdades! Tedes información máis detaiada neste  enlace .

Cinco libros para agasallar ciencia

Imaxe
  Unha listaxe con opcións para adultos e nenos que mostra o mundo científico e a súa historia en lingua galega A literatura e a ciencia, dúas ferramentas fundamentais para coñecer e comprender o mundo, entrelázanse nos libros de divulgación científica. Este Nadal é un bo momento para impulsar a ciencia pero tamén a nosa lingua. Para que o galego continúe sendo unha lingua vizosa e siga configurando o pensamento da cidadanía, a divulgación científica é fundamental tanto entre o público adulto como o máis novo. Aquí achégase unha listaxe con libros cos que reflexionar sobre a importancia da ciencia para superar as crises, comprender o presente e tomar decisións para o futuro. A lectura é unha forma de evasión e de enriquecemento e non só para os adultos, senón que a través da literatura tamén se pode introducir os nenos no coñecemento científico. Consciencia. A ciencia que nos salvou da pandemia ,  Sonia Villapol Un libro para reflexionar sobre a covid e sobre as aprendizaxes c...

Día da Ciencia en Galicia 2024

Imaxe
O matemático   José Rodríguez González   é o científico homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 2024, unha celebración promovida pola RAGC para reivindicar o valor da investigación a través das súas figuras máis destacadas, na maioría dos casos descoñecidas para o gran público. Coincidindo co bicentenario do seu falecemento, a RAGC pon de relevo que foi un científico no sentido moderno do termo e, para moitos, o primeiro de Galicia. A Academia destaca a súa loita desinteresada pola ciencia. Entra na  web da RAGC  e descobre os seus fitos como que situou o quilómetro cero de Galicia en Lalín e participou na expedición internacional que permitiu establecer o metro como unidade de medida...

Atopados na Fonsagrada fósiles de escorpións mariños xigantes de hai 434 millóns de anos...

Imaxe
  Na esquerda, reconstrución artística do escorpión xigante. Na dereita, fósil dun fragmento cutirular de euriptérido atopado na Fonsagrada. Fotos: Wikipedia / Juan Carlos Gutiérrez-Marco. Juan Carlos Gutiérrez-Marco, responsable da investigación: "É un descubrimento importante para a paleontoloxía en Galicia” No  Silúrico , un período de tempo  pertencente á era do Paleozoico , apareceron os primeiros peixes cartilaxinosos e os tiburóns espiñentos. As plantas terrestres só se atopaban nas rexións pantanosas, e os mares cálidos cubrían a meirande parte das masas de terra no ecuador do planeta. Coa chegada deste período,  hai  443,8 millóns de anos , os  glaciares retiráronse  cara o Polo Norte, ata case desaparecer. Isto fixo que  aumentara o nivel dos océanos , deixando para o futuro unha  chea de rexistros de sedimentos mariños  agochados nas rochas de todo o mundo.  Aínda non existía Europa : a  Península Ibérica e  Gal...

Victor Ambros e Gary Ruvkun, gañadores do premio Nobel de Fisioloxía ou Mediciña 2024

Imaxe
  Victor Ambros e Gary Ruvkun, Nobel de Mediciña 2024 por descubrir o microARN O galardón de este ano conmemora aos científicos por atopar o principio fundamental que rixe a regulación da actividade dos xenes. Ambros traballa na Facultade de Mediciña da Universidade de Massachusetts e Ruvkun na de Harvard, en EE UU. Ambros e Ruvkun Ambros e Ruvkun interesáronse por cómo se desenvolven os distintos tipos de células e descubriron o microARN , unha nova clase de diminutas moléculas de ARN Deixamos unha ligazón por se queres ter máis información deste premio que foi concedido.