O Día Internacional da Lingua Materna destaca que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión e que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible céntranse en non deixar atrás a ninguén. A UNESCO considera que a educación baseada na primeira lingua ou na lingua materna debe comezar desde os primeiros anos de escolaridade, xa que a atención e a educación da primeira infancia son a base da aprendizaxe. No caso da nosa lingua materna, o Galego, a Real Academia Galega (RAG) declara o medio escolar como "hostil" para o galego, xa que cada vez son máis os rapaces que chegan a escola falando en galego e pásanse ao castelán só polo feito de encaixar. Hoxe queremos reinvindicar o uso e normalización da nosa lingua materna como ferramenta de inclusión na infancia!