XVIII CERTAME "Xan Viaño" DE CREACIÓN MUSICAL
Enlace á información XVIII CERTAME "Xan Viaño" de CREACIÓN MUSICAL
XVIII CERTAME ‘Xan Viaño’ DE CREACIÓN MUSICAL
BASES:
O departamento de
Composición do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol convoca
o XVIII Certame de Creación Musical, que terá como finalidade a
creación dunha composición curta (que non exceda os 5 minutos de
duración).
As composicións
deberán ser de estilo libre, orixinais e inéditas.
As persoas
participantes poderán revisar as súas obras coas profesoras da
especialidade de Fundamentos de Composición antes de envialas,
solicitando a súa atención en horario de titoría/reforzo ou por escrito
en conserxería ou a través do enderezo: composicionxv@gmail.com
A solicitude de citas
deberá ser realizada antes do 28 de febreiro de 2022.
As obras terán que ser
entregadas por correo electrónico ao seguinte enderezo: composicionxv@gmail.com
O asunto do
correo indicará o seguinte: “XVIII Certame Xan Viaño de Creación Musical”
As e os participantes
achegarán un mínimo de un arquivo, manuscrito ou editado dixitalmente, en
calquera caso, lexible. Será benvido tamén, mais non imprescindible, un arquivo
de audio e unha nota ao programa.
O prazo de
presentación das obras rematará o 24 de abril de 2022.
As formacións
vocais e/ou instrumentais serán de libre configuración. Se nos
meses de maio/xuño a situación sanitaria o permite poderíase facer un concerto
de estrea das obras.
As profesoras do
departamento de Composición realizarán a selección das obras que
consideren aptas para ser estreadas en concerto.
Haberá un diploma
de participación para as persoas que obteñan a calificación: obra apta
para ser estreada, con posibilidade de obtención de 2 premios e unha
mención de honra para as obras consideradas excepcionais. Con estes
diplomas será obtida puntuación nas materias teóricas de Linguaxe
Musical, Harmonía, Historia da Música, Análise, TCAD e Composición para a
obtención de matrícula de honra.
As persoas con obras
calificadas aptas para a estrea recibirán un pequeno agasallo e se hai
obras recoñecidas con premios e/ou mención de honra recibirán
vales por valor de 50€, 45€ e 40€ para mercar material escolar.
Os compositores e
compositoras deberán organizar aos intérpretes (compañeiros/as ou
profesores/as), que estean dispostos a tocar na posible estrea, para os ensaios
e o concerto, no caso de poderse celebrar.
As obras aptas para
a estrea anunciaranse o 2 de maio de 2022. As persoas participantes serán
informadas a través do mesmo correo que usaron para achegar as obras.
A participación no certame, tanto como persoa compositora como por intérprete, supón a aceptación destas bases e a concesión do permiso á organización para a publicación (de autoría, títulos, gravacións de audio e/ou video e partituras das obras dos participantes) na web e na rede social Facebook do CMUS Xan Viaño. Ademáis o concerto de estrea de obras poderá ser gravado e difundido nas canles de difusión xa mencionadas.
Comentarios
Publicar un comentario