Entrega de carnés da biblioteca aos novos lectores do CMUS Xan Viaño :D
Esta é unha semana moi especial para o novo alumnado do Conservatorio Profesional de Música Xan Viaño de Ferrol. Dende a coordinación de biblioteca, faranse unhas sesións de visitas guiadas para amosarlle ao novo alumnado, a biblioteca e o seu funcionamento e farase entrega dos carnés . Nelas, o alumnado aprendará a manexar os diferentes fondos co seu carné ou número de usuario persoal o cal se lle entragará nese momento. Tamén farese entrega dun documento informativo cun código QR para visitar o blog da biblioteca e a páxina web do centro. Recomendamos visitar o blog semanalmente xa que nel, irase actualizando a información relacionada con diversas actividades, concursos, novidades lectoras, etc. E por último, tamén quixemos engadir un rexistro individual de lectura parar ter na casa. Nel poden ir anotando os fondos que van collendo e, a final de curso, 💥 premiaremos ao/a lector/a máis implicado e que retirou máís fondos. Aquel alumnado que xa é lector do centro e que...