Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día Escolar da non Violencia e da Paz

Semana da Música pola Paz. Día Escolar da non Violencia e da Paz 30 de xaneiro de 2025

Imaxe
Chegou o momento de facer debuxos e manualidades para expoñer no voso recuncho da biblioteca do conser. Tedes folios e cores para facer o que queirades, relacionado coa Paz e a non violencia.  Podes deixar mensaxes, frases inspiradoras, recomendacións de lectura, etc. Logo será exposto no tendal da biblio e tamén na recibidor do conservatorio podes deixar as tuas verbas. Anímate a expresar e a compartir Paz !! O Equipo de Biblioteca do CMUS Xan Viaño Esta semana c elebraremos a Semana de Música pola Paz , con diversos recitais a cargo do alumnado do centro, con motivo da conmemoración do Día escolar da non violencia e da paz. Comezamos esta semana tan especial cunha nova actuación da Pequebanda do Xan Viaño, dirixida polo ser profesor Javier Alama . Esperámosvos hoxe 27 de xaneiro ás 20:00 h nesta nova edición de Música pola Paz! O mércores 29 será o turno os recitais de Música pola Paz , na que participará alumnado como solista e en grupos de cámara . Haberá dous concertos, o p...