Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2019

NOVIDADES: percusión

Imaxe
  Temos novidades en percusión soa ( P.S 68 e 69 ):   Les claviers 4 baguettes refont le monde / Sejourne, Emmanuel Localización: P.S/68 Nº rexistro: 6691   Image : 20 Children's Songs for Marimba / Quartier, Bart Localización: P.S/69 Nº rexistro: 6692 Estarán uns días no atril de novidades e despois pasarán aos andéis correspondentes. Podedes consultar a súa disponibilidade na  OPAC

PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS

Imaxe
  Xa tedes disponibles para a lectura en sala os derradeiros números das seguintes publicacións periódicas:   Alzapúa, Eufonía e Aula de Secundaria.  

PRIMER TRIVIAL MUSICAL DO CURSO 19-20, concerto 27 de setembro

Imaxe
  A Sociedade Filarmónica Ferrolana agasalla con  dez entradas para asistir de balde ao concerto que organiza o vindeiro 27 de setembro. Para participar tes que contestar de xeito correcto unha pregunta segundo o grado que curses: PREGUNTA GRAO ELEMENTAL:   como se chama a "varita" que empregan os/as directores/as de orquestras para dirixir?   PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: que nacionalidade tiña Chaikovski e en que estilo o encadrarías?  Debes enviar a túa resposta á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e no asunto especificar “TRIVIAL”.   No correo tes que incluír o teu nome completo, curso e instrumento así coma a túa resposta. As entradas entregaranse por estrita orde de chegada dos correos. poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as   Data límite :  25 de setembro  (ata as 10:00 horas)   Moita sorte!!!    Setembro                                                                                              

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA, comezo da tempada 2019-20

Imaxe
   A Sociedade Filarmónica Ferrolana informa que o vindeiro día 27 de setembro comeza a tempada de concertos no Auditorio de Ferrol coa Real Filharmonía de Galicia.  As entradas sairán á venta esta semana.   Data e hora: venres, 27 Septiembre, 2019 - 20:30   REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Joana Carneiro , directora   J. Adams: Shaker Loops P. I. Chaikovski: Sinfonía nº 4 en fa m , op. 36      Para aqueles dos nosos alumnos que gustarían asistir ao concerto, lembramos que a Sociedade regala 10 entradas ao Conservatorio que serán repartidas no noso concurso " Trivial Musical ". Estade atentos ás entradas do blog.

Apertura curso 2019-20

Imaxe
     A Biblioteca "José Fontenla Leal" abrirá as súas portas o vindeiro luns 23 de setembro   Bo comezo de curso a todos.