Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2026

Música, ciencia e emoción: o concerto de Sensoxenoma converte o Auditorio de Galicia nun gran laboratorio

Imaxe
Música, ciencia e emoción: o concerto de Sensoxenoma converte o Auditorio de Galicia nun gran laboratorio Duascentas persoas do público participaron como doantes no proxecto desenvolto por dous grupos de investigación do IDIS e da USC Este ano celebrouse a quinta edición do concerto. Imaxe: IDIS Case un milleiro de persoas déronse cita este venres, 25 de setembro, no Auditorio de Galicia para participar en Sensoxenoma 26 , a quinta edición da iniciativa que estuda de forma sistemática a resposta biolóxica humana ante os estímulos musicais . Trátase dun proxecto concibido e desenvolvido integramente polos grupos de investigación do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS) GenPoB e GenVip , liderados polos doutores e catedráticos Antonio Salas e Federico Martinón-Torres , respectivamente. A coordinadora de Sensoxenoma, Laura Navarro Ramón , agradeceu especialmente a colaboración das 200 persoas do público que participaron como doantes nesta quinta edición do proxecto e que...

No 175 aniversario do seu nacemento, recordamos a Emilia Pardo Bazán

Imaxe
  Tal día coma hoxe, hai 175 anos, nacía na Coruña Emilia Pardo Bazán . Foi unha prolífiica escritora, xornalista e ensaísta, que escribiu máis de 600 obras entre novelas, contos e estudos literarios. A súa obra máis representativa, Os pazos de Ulloa , é unha peza clave do naturalismo español, unha corrente literaria que pretendía retratar a vida dun xeito crudo e realista. Ademais, Pardo Bazán foi unha incansable defensora da igualdade entre homes e mulleres: defendeu o acceso das mulleres á educación, abriu camiño en espazos reservados aos homes e enfrontouse á Real Academia Española por negarlle o ingresso polo feito de ser muller. O seu legado perdura no tempo; non só na literatura, senón tamén no avance dos dereitos da muller.

Xa podes reservar unha entrada en conserxería !!!

Imaxe
 

Hoxe cumpre anos Mafalda

Imaxe
  Un día coma hoxe, en 1964, Quino comezou a publicar a tira de Mafalda na revista Primera Plana. A obra de Quino inmortalizou a unha nena famosa polas súas preguntas sobre a paz, a política e a humanidade, sempre cargadas de ironía. A día de hoxe, a voz desa nena segue tan vixente coma o primeiro día. Parabéns, Madalda ! 

Hoxe recordamos a Carlos Ruiz Zafón

Imaxe
  No aniversario do seu nacemento, queremos recordar a Carlos Ruiz Zafón , porque as súas historias seguen a ser unha das mellores portas de entrada ao pracer da lectura. Nacido en Barcelona, Zafón comezou a súa andaina no mundo das letras coa literatura xuvenil. Con todo, o recoñecemento mundial chegoulle en 2001 coa súa primeira novela para adultos: A sombra do vento. Hoxe, o noso querido autor tería cumprido 62 anos.

G-Night en Ferrol

Imaxe
  Mañá celébrase en Ferrol a G-Night, a Noite Galega das Persoas Investigadoras, un evento de divulgación científica que ofrece actividades gratuítas nas que investigadores e investigadoras das universidades galegas e dos diferentes organismos de investigación participantes achegarán o seu traballo á cidadanía. En concreto, en Ferrol este será o programa de actividades . Tedes toda a información sobre a G-Night aquí .

COLABORACIÓN COA SOCIEDADE FILARMÓNICA DE FERROL

Imaxe
Un novo curso para unha nova temporada de concertos de moita calidade. Isto é o que a Sociedade Filarmónica Ferrolana quere compartir co alumnado e tamén co profesorado do CMUS Xan Viaño de Ferrol.  Estade atentos e atentas porque teredes en Conserxería nestes días, as follas para apuntarvos e reservar unha entrada de balde,  para ver eses concertos que nos ten preparado a SFF. Aquí tedes un adianto da programación ! Que non pare a música !!!  Equipo de Biblioteca Preme aquí ou na imaxe para ver a programación anual.

Ciclo de cinema documental na Casa da Cultura de Neda

Imaxe
  No marco do ciclo municipal de cinema documental, este venres día 25 a partir das 20:30 horas, proxectarase na Casa da Cultura de Neda “Salvaxe, salvaxe”. Trátase dun ensaio cinematográfico que percorre as “terras do lobo” de Galicia e Portugal para explorar a relación entre as persoas, os animais, e a paisaxe que comparten. Este documental constrúe unha reflexión ao redor da vida salvaxe, a relación coa contorna, e o vínculo entre cultura e natureza. A proposta, que atesoura numerosos recoñecementos, forma parte do “Outono das artes”, impulsado pola Deputación da Coruña, e inclúe un coloquio ao rematar a proxección coa participación do director da película. A entrada é de balde. Toda a información aquí .

Aprendizaxe mecánica, falta de recursos e presión familiar: as claves da caída galega no informe PISA

Imaxe
  A profesora da UDC Montserrat Castro considera que as metodoloxías empregadas fomentan unha lectura instrumentalista en vez dunha comprensiva As conclusións do informe PISA 2025 deixan Galicia nunha situación preocupante fronte aos seus resultados anteriores, en especial no ámbito da comprensión lectora , aínda que tamén nas competencias matemáticas e científicas . A profesora titular da área de Pedagoxía e Didáctica da UDC Montserrat Castro Rodríguez indica que entre os factores que están en xogo no rendemento das aulas galegas cóntanse a falta de recursos humanos , a presión familiar e académica por acadar certos resultados a un ritmo determinado e, sobre todo, o uso dunha metodoloxía mecánica que leva a ver a aprendizaxe como unha tarefa instrumentalista. O informe PISA (Programa para a Avaliación Internacional dos Estudantes, polas súas siglas en inglés) é unha iniciativa da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) que avalía e compara o rendemen...

O proxecto Sensoxenoma evidencia que a música deixa pegadas medibles nos xenes e proteínas

Imaxe
  O proxecto Sensoxenoma evidencia que a música deixa pegadas medibles nos xenes e proteínas A investigación da USC e do IDIS cumpre cinco anos con máis de 20.000 mostras e detecta respostas biolóxicas tras a exposici A vicerreitora Lorena Añón durante a súa intervención, acompañada dos profesores Salas e Martinón e demais representantes das entidades organizadoras. FOTO: Santi Alvite 10/09/2026 O proxecto Sensoxenoma chega xa ao seu quinto aniversario. Esta iniciativa dos grupos GenPoB e GenVip da Universidade de Santiago (USC) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) reuniu en todo este tempo máis de 5.000 participantes, más de 1.500 doantes e recolleu máis de 20.000 mostras biolóxicas para constatar que a música deixa pegadas medibles nos xenes e proteínas. “Unha experiencia tan cotiá como escoitar música pode deixar unha pegada molecular medible tan só transcorridos 25 minutos desde o comezo do estímulo”, explica o profesor da USC Antoni...

No Día das Letras Galegas 2027 homenaxeremos a Neira Vilas

Imaxe
  Celebramos con enorme ledicia que Xosé Neira Vilas, sexa o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2027. A súa obra marcou xeracións de lectoras e lectores do país e continúa a ser un referente imprescindible da literatura infantil e xuvenil galega e da nosa cultura. Parabéns tamén á Fundación Neira Vilas e a todas as persoas que manteñen vivo o seu legado. Dende o CMUS Xan Viaño de Ferrol, sumámonos con ilusión á celebración deste merecidísimo recoñecemento e reafirmamos o noso compromiso coa difusión da súa obra entre as novas xeracións. Preme nos seguintes enlaces para saber máis de Xosé Neira Vilas Real Academia Galega (novas) Real Academia Galega (biografía) Fundación Neira Vilas

Novidades LIX – setembro 2026

Imaxe
  Comezamos setembro compartindo novas lecturas en galego! Desde GÁLIX presentamos unha mostra de dezaseis títulos das nosas editoras socias e de membros que forman parte da Comunidade GÁLIX. Unha oportunidade para descubrir novos títulos, coñecer o traballo de quen os crea e edita, e seguir ampliando as nosas bibliotecas. Entre estes títulos que nos trae o mes de setembro atopamos obras recoñecidas con premios, como Bragakadabra , de Antía Yáñez, gañadora do XIX Premio Raíña Lupa; Ferramentas básicas para ser artista , de Blanca Millán, distinguida co I Premio GÁLIX ao Libro Informativo para a Rapazada; e a edición en galego d’O tren da bruxa , obra galardoada co Premio El Barco de Vapor. Con esta escolma queremos contribuír á difusión da LIX en galego e achegar as novidades da nosa comunidade a lectoras e lectores, familias, bibliotecas, librarías e centros educativos. E xa sabedes, avisádenos das próximas novidades! Podedes descargar o documento de novidades premendo na seguinte...

Pedro Feijoo gaña o Premio Cartagena Negra

Imaxe
  O autor galego Pedro Feijoo gaña o X Premio Cartagena Negra pola súa obra "Onde nacen as bestas", unha novela que mestura investigación criminal, lenda e a figura histórica do Sacaúntos.

Dicionario bilingüe castelán-galego

Imaxe
  A Real Academia Galega vén de presentar un novo recurso que, de seguro, seravos de moita utilidade: o dicionario bilingüe castelán-galego . Tamén está dispoñible na aplicación para móbiles do "Dicionario da Real Academia Galega". Tedes aquí toda a información sobre a nova ferramenta.