BASES DO CONCURSO DE INTERPRETACIÓN DE BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS "TOCAA OUTRA VEZ, XAN" " A música é una creación humana que expresa emocions humanas e que aplicada ao celuloide, incorpora esa dimensión sobre as personaxes e trasladaas aos espectadores " Organizado polo ANPA do Conservatorio Xan Viaño, contando ca colaboración do Conservatorio. Pretendemos que participe toda a comunidade educativa (alumnos, profesores, país, nais,...) do Conservatorio que desexen interpretar un tema dunha banda sonora (B.S.O.), cunha duración máxima de 5 minutos. Admítese calquera tipo de formación: solistas, orquestra, cámara, coro... Haberá dúas categorías: Grao elemental e Grao Profesional e un premio para cada unha delas. A interpretación dos temas levarase a cabo na segunda quincena de abril. O periodo de inscripción é ata o 15 de marzo do 2015. Recollida e entrega do formulario de inscripción en conserxería.