Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Concienciación Medioambiental

A viaxe de Alemaña ao Miño dunha ave en perigo de extinción

Imaxe
  Un ibis pelado, unha das especies máis ameazadas do mundo, chega ao esteiro do Miño procedente dun zoo de Halle tras pasar por Barbate e Faro Plumaxe negra con reflexos metálicos verdes e púrpuras, pico longo e curvo e unhas extensas plumas colgantes sobre a caluga. Estas son as características que identifican o  ibis pelado  ( Geronticus eremita ),  unha das aves máis ameazadas do mundo  que estes días visita o esteiro do Miño para asombro e pracer de ornitólogos galegos.  O primeiro avistamento no concello da comarca do Baixo Miño comunicábao a Asociación Anabam. Foi unha veciña,  Ángela Baz , quen fotografou esta ave sobre o tellado dunha casa na zona de Pías, dentro da parroquia de San Miguel de Tabagón, o pasado sábado 7 de decembro.  “Trátase dunha das aves máis ameazadas de España e do mundo , que dende hai uns cinco séculos e ata hai ben pouco non se reproducía de xeito natural na península ibérica”, explican no seu perfil de Facebo...

Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas. Teatro Infantil. Auditorio Sede Afundación Ferrol

Imaxe
  Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas ·          Auditorio Sede Afundación de Ferrol ·          16 novembre 2024 17:30 h. ·          45 minutos ·          Idade  mínima: 3 anos Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, o 16 de novembro, Afundación convida ao público a asistir ao espectáculo " O agasallo das árbores" , que está insertado no Programa Cultura por Alimentos. 👀👆🍲👧👦¡IMPORTANTE! O acceso ao concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos. Moita xente coñece "Os tres porquiños", famosos no mundo dos contos, pero casi ninguén coñece a historia dos seus pais e de cómo medraron entre as árbores da montaña galega e contos de igualdade. Todo sábese porque o contou a avoa de Carmela que sabía moitas cousas de contos de sempre. Ela...