Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas. Teatro Infantil. Auditorio Sede Afundación Ferrol

 

Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas

·         Auditorio Sede Afundación de Ferrol

·         16 novembre 2024 17:30 h.

·         45 minutos

·         Idade mínima: 3 anos

Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, o 16 de novembro, Afundación convida ao público a asistir ao espectáculo "O agasallo das árbores", que está insertado no Programa Cultura por Alimentos.

👀👆🍲👧👦¡IMPORTANTE! O acceso ao concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos.

Moita xente coñece "Os tres porquiños", famosos no mundo dos contos, pero casi ninguén coñece a historia dos seus pais e de cómo medraron entre as árbores da montaña galega e contos de igualdade.

Todo sábese porque o contou a avoa de Carmela que sabía moitas cousas de contos de sempre. Ela, a avoa Carmela, tiña un traxe de súper heroína que semellaba un mandil negro de viúva. Cando quitaba dun dos bolsillos, un bocadillo de mortadela, había un conto para a nena. E  unha tarde decidiu contar a verdadeira historia da familia dos porquiños, onde por certo, hai unha porquiña moi brillante, con ollos de curuxa e intelixente coma un allo.

Trátase dunha sesión de contacontos orais, con música e obxectos en vivo, onde o fío conductor é a concienciación medioambiental ao tempo que revisita un conto clásico por medio das gafas moradas da igualdade.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño

Manifesto IFLA_UNESCO sobre a Biblioteca Escolar 2025