Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta GALIX

Lecturas refrescantes para o verán – 2026

Imaxe
Chega o verán e, con el, o tempo de abrir libros á sombra, na praia, no monte, na piscina, ao carón dun río ou nese recuncho tranquilo onde sempre apetece ler. Dende GÁLIX , recollemos unha selección de lecturas recomendadas polas editoas socias e as editoras colaboradoras co Fondo GÁLIX, perfectas para acompañar a infancia e mocidade durante as vacacións. Unha pequena escolla de títulos para descrubrir historias, viaxar sen moverse do sitio e manter viva a curiosidade lectora tamén nos meses de verán. Poucas cousas prestan tanto coma un bo libro entre raios de sol, merendas e tardes longas!

Guía "De inclusión": libros e materiais para persoas con diversidade funcional

Imaxe
A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX), sección da OEPLI (Organización Española del Libro Infantil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY, publicou, co patrocinio da Xunta de Galicia, a Guía  De inclusión  na que recolle toda clase de materiais que facilitan a lectura a todo tipo de persoas con algún xénero de diversidade funcional. A inclusión é un dereito que atinxe a toda a sociedade polo que buscar a integración de toda a cidadanía na cultura propia é absolutamente imprescindible para falar de democracia e igualdade de oportunidades nas que se teñe en conta a situación de cada unha das persoas que forman parte do entramado social. Trátase duns materiais imprescindibles para todas as persoas mediadoras do libro e a rapazada, que convén ter en conta nas bibliotecas escolares e públicas, nos centros de ensino e no ámbito da educación social. A guía está organizada de forma que lle dea servizo a unha biblioteca inclusiva con toda clase de recur...