Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ornitoloxía

A viaxe de Alemaña ao Miño dunha ave en perigo de extinción

Imaxe
  Un ibis pelado, unha das especies máis ameazadas do mundo, chega ao esteiro do Miño procedente dun zoo de Halle tras pasar por Barbate e Faro Plumaxe negra con reflexos metálicos verdes e púrpuras, pico longo e curvo e unhas extensas plumas colgantes sobre a caluga. Estas son as características que identifican o  ibis pelado  ( Geronticus eremita ),  unha das aves máis ameazadas do mundo  que estes días visita o esteiro do Miño para asombro e pracer de ornitólogos galegos.  O primeiro avistamento no concello da comarca do Baixo Miño comunicábao a Asociación Anabam. Foi unha veciña,  Ángela Baz , quen fotografou esta ave sobre o tellado dunha casa na zona de Pías, dentro da parroquia de San Miguel de Tabagón, o pasado sábado 7 de decembro.  “Trátase dunha das aves máis ameazadas de España e do mundo , que dende hai uns cinco séculos e ata hai ben pouco non se reproducía de xeito natural na península ibérica”, explican no seu perfil de Facebo...

Rula, choia, paíño… Os 600 nomes de aves en galego que atoparás nesta ferramenta dixital

Imaxe
  A RAG estrea unha plataforma para realizar procuras pola denominación, o nome científico ou a familia á que pertence cada especie Corvo mariño grande. Foto: Armando Losada Vicente Bubela, carrán, choia ou cotovía. Estes son algúns dos máis de  600 nomes de aves que se poden atopar coa ferramenta que vén de presentar a Real Academia Galega  (RAG). A  nova sección  da web institucional é froito do traballo conxunto de ornitólogos e lingüistas e permite realizar  procuras pola denominación en galego , o científico ou a familia á que pertence cada especie, acompañada en moitos casos de fotografías que reforzan o seu carácter divulgativo. A listaxe resultante dálles preferencia ás denominacións patrimoniais, moitas delas documentadas dende a Idade Media e presentes no refraneiro, como  corvo mariño ,  mazarico ,  miñato ,  paíño ,  pardela ,  pega  ou  rola /rula . A RAG corrixiu ademais castelanismos de propostas previa...