HOMENAXE A ROBERTO CASTELEIRO
O pasado sábado 10 de decembro, dúas profesoras do conservatorio e a Asociación Recreativa "O Peque Coro" participaron na homenaxe a Roberto Casteleiro . Este ferrolán, mestre, actor, director de teatro e historiador entre outras cousas, representou a "Caladiño" na película " Sempre Sonxa " (1989). A homenaxe comenzou o sábado pola mañá no cemiterio de Catabois donde Alma Cendán (profesora de piano) e Iria Rico (profesora de violín), acompañadas á guitarra polo cantante Sito, interpretaron unha peza. Pola noite, Alma e Iria pecharon a homenaxe que se fixo no Teatro Jofre e no que participaron un elenco de representantes da cultura. Enlace: Programa do acto Galería de imaxes e video: Iria, Sito e Alma Enlace ao video: Alma e Iria. Homenaxe a Caladiño no Jofre