Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta artigo

ARTIGO: "A biblioteca musical nun conservatorio de música" por Enrique Agrelo Otero

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica o nº 68 da súa Revista Galega do ensino EDUGA . Entre as diferentes seccións, a de BIBLIOTECAS ESCOLARES acolle un bo número de artigos que permiten coñecer experiencias en distintos centros, sexa sobre o desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou sobre actividades máis centradas no fomento da lectura; outros artigos constitúen un percorrido polo conxunto de actividades que deseñan, cumprindo así o seu papel de centros de lectura, información e aprendizaxe.   Neste número publícase un artigo de noso compañeiro Enrique Agrelo " A biblioteca nun conservatorio de música " . A continuación copiamos o seu resumo e adxuntamos o seu link:   "O funcionamento dunha biblioteca é algo que está estipulado en moitos tratados, pero a existencia de bibliotecas “especializadas” fai que se dean certas diferenzas, non só desde o punto de vista organizativo, senón do seu funcionamento. ...