ARTIGO: "A biblioteca musical nun conservatorio de música" por Enrique Agrelo Otero
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica o nº 68 da súa Revista Galega do ensino EDUGA. Entre as diferentes seccións, a de BIBLIOTECAS ESCOLARES acolle un bo número de artigos que permiten coñecer experiencias en distintos centros, sexa sobre o desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou sobre actividades máis centradas no fomento da lectura; outros artigos constitúen un percorrido polo conxunto de actividades que deseñan, cumprindo así o seu papel de centros de lectura, información e aprendizaxe.
Neste número publícase un artigo de noso compañeiro Enrique Agrelo "A biblioteca nun conservatorio de música" . A continuación copiamos o seu resumo e adxuntamos o seu link:
"O funcionamento dunha biblioteca é algo que está estipulado en moitos tratados, pero a existencia de bibliotecas “especializadas” fai que se dean certas diferenzas, non só desde o punto de vista organizativo, senón do seu funcionamento. O número de bibliotecas especializadas en temas musicais en Galicia é un tema case exclusivo dos nosos conservatorios. A realidade na biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño é o que trataremos de plasmar neste artigo".
Enrique Agrelo Otero
Profesor de Violín e responsable da biblioteca José Fontenla Leal no CMUS Xan Viaño de Ferrol nos anos 2010-2014
Profesor de Violín e responsable da biblioteca José Fontenla Leal no CMUS Xan Viaño de Ferrol nos anos 2010-2014
Un saúdo desde a biblioteca
Comentarios
Publicar un comentario