TRIVIAL MUSICAL: Concerto do 28 de Xaneiro
Concerto 28 de
Xaneiro 2015
En
estreita colaboración e grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca
do Conservatorio pode ofertar dez entradas para
asistir ó concerto do vindeiro mércores 28 de Xaneiro. Para participar teredes
que contestar de xeito correcto á unha das preguntas que podedes ver máis
abaixo e no Blog da biblioteca do Conservatorio.
Como hai alumnos de diferentes niveis haberá
coma sempre dúas preguntas:
unha para aqueles alumnos que cursen o Grao
Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. Deberedes enviar as vosas respostas á dirección
electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com
No
correo tedes que
incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio
así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por
estricta orde de chegada dos correos e poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as
A
data límite para recibir os vosos correos é o
vindeiro luns 26 de
Xaneiro (ata as 20:00 horas).
PREGUNTA GRAO PROFESIONAL: Define “Enharmonía” e pon un exemplo
¡¡Moita sorte!!
¡¡Moita sorte!!
Enero
Data: Mércores 28 de Xaneiro ás 20:30Sala: Teatro Jofre
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
Paul Daniel, director
Guillermo Pastrana, violonchelo
Programa:
R. Schumann (1810-56). Concerto para violonchello
F.J. Haydn (1732-1809). Sinfonía nº 98
Maís información da programación en www.filarmonicaferrolana.es
Comentarios
Publicar un comentario