II SEMANA DO PIANO: XOGO "AUDICIÓNS COMPARADAS"
hoxe luns inauguramos a II Semana do Piano no CMUS Xan Viaño de Ferrol, organizada polo Departamento de Piano. Ademais dos concertos e actividades previstas, este ano propoñemos unha actividade a través deste Blog, un xogo de “Audicións comparadas”. Nos seguintes enlaces presentamos tres versións moi diferentes do T erceiro movemento da Sonata n º 11 en La maior K331 , co ñ ecido como Rond ó Alla Turca ou Marcha Turca de Mozart . Os intérpretes escollidos son tres grandes intérpretes de piano: Glenn Gould, Vladimir Horowitz e Lang Lang. Pica no enlace e escoita con atención as tres interpretacións. Que versión gustouche mais? Por que? Podes votar pola tua versión preferida na Biblioteca do conservatorio , onde colocaremos unha urna durante toda esta semana. Entre os participantes sortearemos un agasaio moi especial! Anímate, escoita e participa!! Versión de Vladimir Horowitz (1903-1989) https://youtu.be/V...