Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Premio Nacional de Ensaio 2024

O arqueólogo galego Alfredo González-Ruibal, Premio Nacional de Ensaio 2024

Imaxe
O Ministerio de Cultura galardoa o libro 'Terra arrasada' pola súa "apaixonante e nova forma de presentar os conflitos armados" O arqueólogo Alfredo González-Ruibal. Foto: Editorial Crítica O arqueólogo  Alfredo González-Ruibal  acaba de ser galardoado co Premio Nacional de Ensaio 2024 pola súa obra  Terra arrasada: unha viaxe pola violencia do Paleolítico ao século XIX   (Crítica). O recoñecemento é concedido polo Ministerio de Cultura e está dotado con 30.000 euros. O investigador do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) naceu en Madrid pero criouse en Galicia, á que está moi vinculado. O xurado destacou a obra do González-Ruibal pola “apaixonante e nova forma de presentar os conflitos armados desde a experiencia e o punto de vista da arqueoloxía de campo. Na precisión do narrado, subxace a  experiencia directa  do autor en diferentes xacementos, o que fai posible oír as voces habitualmente silenciadas no relato frío e convencional das guerra...