Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta infantil

NOVO FONDO: Choven palabras no futuro

Imaxe
  Desde a Secretaría Xeral de Cultura achegan ao noso centro un exemplar da obra Choven palabras no futuro , o libro que conmemora o 25 aniversario de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, froito da colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a propia Gálix. Na creación desta obra participan 25 autoras e autores galegos relevantes na literatura xuvenil e infantil como Fina Casalderrey, Agustín Fernández Paz, Xosé Neira Vilas, Marilar Aleixandre, María Solar ou Xosé A. Perozo, e ilustradores como David Pintor e Xosé Tomás. Agardan que este exemplar poida ser empregado tanto polo alumnado como polo profesorado e que contribúa á difusión e ao recoñecemento da literatura infantil e xuvenil galega.   O exemplar xa está disponible para empréstito na sección Infantil (I 64).

AXENDA CULTURAL NARÓN: Os tres porquiños, 10 de mayo

Imaxe
"Unha obra musical con bonecos a tamaño real"   Género : infantil Lugar del espectáculo:  Pazo da Cultura Duración : 50 minutos Precios:  Anticipada : 6.50 € / O día da actuación: 8.00 € Información de la billetera:   Domingo 10 de mayo a las 17:00 h. Público:   Infantil ou familiar ( a partir de 2 anos) +Info :  981 102 897   Máis información: Pazo da Cultura (Narón)

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, 2 de abril

Imaxe
Como xa sabedes, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Anderse. A OEPLI, xunto coas súas catro sección - Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil-ClijCAT, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil-GÁLIX, e Galtzagorri Elkartea-, como todos os anos quere conmemorar ese día con todos os alumnos de Primaria e 1º Ciclo de Secundaria de Galicia e para isto convocaron o concurso Nós lemos e ti? que xa colgamos neste blog.     Como membros do IBBY e coa intención de que en todos os países do mundo se celebre o Día Internacional do Libro Infantil colgamos aquí a mensaxe " Muchas culturas una historia" da escritora MARWA OBAID e o cartel de NASIM ABAEIAN que este ano preparou a sección de Unión de Emiratos Árabes do IBBY e que, coa versión nas catro linguas oficias atoparedes na web da OEPLI .   "Falamos diferentes li...

CONCURSO: "NÓS LEMOS, E TI?"

Imaxe
CONCURSO   DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL    2015 “Nós lemos, e ti?”   Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (2 de abril), a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.   PARA PARTICIPAR:   Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar. Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros. Deberá acompañar á selfie un breve texto expl...

GATO CON BOTAS - TEATRO COLON - CORUÑA

Imaxe
  Aquí vos deixamos unha proposta moi interesante do Teatro Colón da Coruña que se vai a celebrar durante os días 21 e 22 de Novembro. Trátase da posta en escena do conto " O Gato con botas" onde todo tipo de público (nenos e non tan nenos) poderá disfrutar dunha velada de teatro (a cargo do grupo "Theatron"), música (interpretada pola "Orquestra de Cámara Galega" e composta polo compositor galego Rogelio Groba Groba), baile e escenografía (baixo a supervisión e realización de bailarinas profesionais e de "Video Mapping"). A continuación vos deixamos un link de interés: http://taquilla.servinova.com/ventaentradas/es/teatro/teatro-colon/4188--o-gato-con-botas.html Esperamos que vos guste