Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2012

Recital de clarinete e piano

Imaxe
A alumna do noso conservatorio Tania Villasuso, gañadora o curso pasado do primeiro premio no concurso Intercentros a nivel nacional, ofrecerá un recital de clarinete e piano xunto co pianista Ricardo Blanco. O concerto terá lugar o mércores 21 de novembro ás 19:30 horas, no auditorio do conservatorio. ¡Non volo podedes perder!

RECOMENDACIÓN DE NOVEMBRO - "Los intrumentos del Pórtico de la Gloria"

Imaxe
Hola a tod@s: Sentimos non haber podido estar con vos durante o verán, nin neste inicio de curso pero podédevos imaxinar a cantidade de cousas que había que facer e non deu moito tempo para continuar dita sección que xa reclamaba algún de vos. PERDÓN. O libro que recomendamos este mes está dentro da Sección de Manuscritos, o cal implica que aqueles que estén interesados en consultar o libro, debedes falar con Quique, dado o valor da devandita publicación: “Los instrumentos del Pórtico de la Gloria: su reconstrucción y la música de su tiempo” José López-Calo – Coord. O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela constitúe a culminación da arte románica dos pórticos das igrexas. No espazo de pouco mási de 50 anos, construíronse, ao longo do Camiño de Santiago, en Francia e en España, os maravillosos pórticos ca representación dos 24 anciáns apocalípticos cos seus instrumentos de corda. Pero en ningún dos pórticos acadan estas representacións, a increíble perfecc

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DÍA 15 DE NOVEMBRO DE 2012

Imaxe
Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL Seguemos co noso Trivial; en estreita colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  se ofertarán dez entradas para asistir a aqueles concertos da antedita Sociedade e teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes neste blog. Tendo en conta que hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos para entregarvos a devandita entrada, no caso de que acertedes a correspondente pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos)