Eclipses de lúa, de sol e chuvias de estrelas: os eventos astronómicos de 2025 en Galicia. No te perdas de nada !
O ano arrincou cunha aurora boreal e continuará co escurecemento total da lúa en marzo que se poderá observar a simple vista O 2025 comezou cun fenómeno espectacular: as auroras boreais tinguiron de rosa os ceos galegos durante a primeira noite do Aninovo. Pero que outros eventos astronómicos se poderán observar no firmamento de Galicia nos próximos meses? O Observatorio Astronómico Nacional (OAN) indica que serán visibles dúas eclipses totais de lúa e unha parcial de sol, ademais das principais chuvias de meteoros como as cuadrántidas, que aínda se poden apreciar ata o día 12 de xaneiro. Considérase unha eclipse cando un obxecto astronómico escurece temporalmente ao pasar un corpo ou a súa sombra entre o propio obxecto e o observador. Este ano os galegos poderán apreciar tres eclipses : dúas totais de lúa e un parcial de sol. Eclipse parcial de Sol O primeiro destes eventos terá lugar o 14 de marzo. Será unha eclipse total de Lúa qu...