Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Solidaridade

Fondo Solidario de Libros no CMUS Xan Viaño de Ferrol

Imaxe
📚🧸 Fondo Solidario de Libros: ¡Participa! Dende a coordinación da  Biblioteca José Fontenla Leal  do noso centro CMUS Xan Viaño, poñemos en marcha unha fermosa iniciativa, que enmarcamos dentro do  Plan Proxecta + : o noso  Fondo Solidario de Libros . Queremos fomentar a lectura e, ao mesmo tempo, ser solidarios. A nosa proposta inclúe dúas vertentes: 1. Leva un exemplar para ti 📖 Poñemos á vosa disposición un fondo de libros para que calquera persoa que o desexe poida coller algún exemplar de balde. 2. Solidariedade Infantil e Xuvenil 🧸🏥 Tamén organizamos unha recollida de libros infantís e xuvenís para unha causa marabillosa:  doalos á Biblioteca de Pediatría do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide de Ferrol . A túa doazón pode axudar a facer máis levadeira a estancia dos nenos e nenas no hospital. Grazas de antemán pola túa colaboración! Onde e cando? 📅  Dispoñibilidade:  A partir de mañá,  mércores 2 de decembro . 📍  Lugar: ...

CONCERTO SOLIDARIO DE SANTA ICÍA, xoves 21 de novembro ás 19:00 h.

Imaxe
CONCERTO SOLIDARIO DE SANTA ICÍA   Concerto solidario de Santa Icía a cargo do profesorado do Xan Viaño. Será o próximo xoves 21 de novembro ás 19:00 h no Auditorio do conservatorio . Habilitarase unha urna na entrada do auditorio para recoller donativos voluntarios , que serán doados integramente a favor das persoas afectadas pola DANA en Valencia . Grazas pola vosa colaboración.