Publicacións

Mostrando publicacións desta data: setembro, 2024

Mafalda está de 60 aniversario

Imaxe
  Mafalda, o personaxe máis famoso de  Quino  publicouse por primeira vez o 29 de setembro de 1964 na revista semanal  Primera Plana . Seis meses máis tarde da súa primeira aparición, comezou a publicarse unha tira diaria no periódico  El Mundo  e, no Nadal de 1966 lanzouse o primeiro álbum, cuxos exemplares esgotáronse en dous días. Sesenta anos máis tarde, esta intelixente nena segue sendo popular a nivel internacional.

Os beneficios da lectura nos adolescentes...

Imaxe
  Os adolescentes que len libros de máis de 100 páxinas levan unha vantaxe equivalente aproximadamente a un curso académico en comprensión lectora a quen non o fan, despois de descontar o nivel socioeconómico e cultural da súa familia, que é o que máis inflúe no rendemento académico dos estudantes, segundo datos do informe PISA, a avaliación internacional que realiza cada tres anos a OCDE. Lede este artigo tan interesante... O Equipo de Biblioteca do Xanvi

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Imaxe
Aquí deixamos un adianto do calendario de concertos da Sociedade Filarmónica Ferrolana desta nova temporada 2024-2025 Tamén achegamos unha ligazón para que poidades buscar máis información de cada evento na páxina web da sociedade. Se queredes formar parte desta sociedade, na páxina web tedes toda a información necesaria. Deste xeito apostamos e apoiamos a cultura musical na nosa cidade. Animádevos! O equipo da biblioteca do Xanvi. Preme en cada un dos concertos para obter máis información na páxina web da Sociedade.

Damos a benvida ao outono na lareira da biblioteca José Fontenla Leal :D

Imaxe
  Un ano máis damos a benvida ao outono na lareira da biblioteca do CMUS Xan Viaño. Animádevos a pasar e buscar unha lectura apetecibel para este tempiño de outono. Se queredes podedes comentar o que atopáchedes, incluso partituras que estén compostas coa temática desta estación tan colorida. Antonio Vivaldi penso que ten algunha....  Na biblioteca estaredes nun lugar moi quentiño e acolledor para a vosa lectura ou escoita. Se hai algo que non atopas, pídelle axuda ao docente de garda que esté nese momento. Bo outono e boa lectura !!!

A Biblioteca Nacional de España da aceso aos arquivos sonoros e audiovisuais da RTVE

Imaxe
  A consulta desta información será posible exclusivamente de forma presencial Noticias : contido producido específicamente para a web empregando material propio o material procedente de Televisión Española e Radio Nacional de España ou axencias. RTVE Play : contidos de video procedente en maioría de Televisión Española. RNE Audio : contidos de audio procedente en mayoría de Radio Nacional de España. A  Biblioteca Nacional de España  (BNE) pon en marcha unha aplicación de consulta sobre o contenido publicado en RTVE Play e RNE Audio da  Radiotelevisión Española  (RTVE) que permitirá aos investigadores aceder aos archivos sonoros e audiovisuai s da Corporación, tal e como si se encontraran entre as colecciones da BNE. Tras firmar ambas institucións un  Convenio en 2023 , RTVE colabora coa BNE na conservación dos seus recursos en liña, comprometéndose a garantir a preservación e o acceso para a investigación do seu arquivo sonoro e audiovisual en liña. Deste modo, RTVE constitue como rep

Epubteca da Biblioteca Nacional de España

Imaxe
  BNElab ofrece unha proposta de libros en formato ePub para descubrir a coleción de forma persoalizada A colección de ePubs libres da BNE,  con 1.331 títulos dispoñibles para descargar gratuitamente  dende a Biblioteca Dixital Hispánica, segue medrando e dende o 21 de agosto de este ano, ofrecen ademáis dunha nova forma de explorala e descubrila:a ePubteca, dispoñible nesta   ligazón . Trátase dunha proposta de recomendador de lecturas co que navegar na coleción dunha maneira persoalizada e amena. Esta ferramenta, elaborada polo equipo de  BNElab , permite buscar títulos a través de tres filtros: Idioma, Extensión e Coleción, con diferentes categorías, e crear listas persoalizadas de obras favoritas as que aceder dun xeito doado e rápido. Despois, dos ePubs poden descargarse nos dispositivos móviles ou visualizalos directamente a través do navegador web. Con esta entretida novidade, a BNE achega os seus libros a os lectores, estén donde estén, para que elixan de maneira amena a última

NOITE GALEGA DE PERSOAS INVESTIGADORAS

Imaxe
  O próximo 24 de setembro terá lugar en toda Galicia a  G-Night  ou Noite Europea das Persoas Investigadoras , un evento que achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Nesta ligazón  tedes toda a información sobre as distintas actividades que se desenvolverán en diferentes cidades galegas.  Non volo perdades!

Este curso desfrutaremos do TEATRO !

Imaxe
  O cartaz que acompañará as bibliotecas escolares de Galicia neste curso  "Representa unha obra teatral do poema de Xohana Torres "Eu tamén navegar", no que Penélope (da Odisea) deixa o tapiz que traballa e desfai e sae a vivir aventuras. Despois ao regreso remata o tapiz engadíndolle novos elementos da súa viaxe (o tapiz que hai detrás da nena que está a leer a obra teatral)" segundo indica a súa autora, a ilustradora e muralista  Xoana Almar .    Unha imaxe enraizada no cartelismo galego que abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes. As nosas bibliotecas escolares saen a escena para ler, interpretar, radiar, escribir e gozar co TEATRO 🎭 PENÉLOPE DECLARA o oráculo:    «QUE á banda do solpor é mar de mortos,    incerta, última luz, non terás medo.    QUE ramos de loureiro erguen rapazas.    QUE cor malva se decide o acio.    QUE acades disas patrias a vindima.    QUE amaine o vento, beberás o viño.    QUE sereas sen voz a vela embaten.    QUE

DÁMOSVOS A BENVIDA A ESTE NOVO CURSO 2024/2025

Imaxe