Epubteca da Biblioteca Nacional de España

 

BNElab ofrece unha proposta de libros en formato ePub para descubrir a coleción de forma persoalizada


A colección de ePubs libres da BNE, con 1.331 títulos dispoñibles para descargar gratuitamente dende a Biblioteca Dixital Hispánica, segue medrando e dende o 21 de agosto de este ano, ofrecen ademáis dunha nova forma de explorala e descubrila:a ePubteca, dispoñible nesta ligazón.

Trátase dunha proposta de recomendador de lecturas co que navegar na coleción dunha maneira persoalizada e amena. Esta ferramenta, elaborada polo equipo de BNElab, permite buscar títulos a través de tres filtros: Idioma, Extensión e Coleción, con diferentes categorías, e crear listas persoalizadas de obras favoritas as que aceder dun xeito doado e rápido. Despois, dos ePubs poden descargarse nos dispositivos móviles ou visualizalos directamente a través do navegador web.

Con esta entretida novidade, a BNE achega os seus libros a os lectores, estén donde estén, para que elixan de maneira amena a última lectura de verán ou preparen as listas favoritas para o outono e poidan ter consigo as colecións da Biblioteca Dixital Hispánica.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de febreiro