Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Björk

O REGRESO DE BJÖRK: "Vulnicura" e MoMA

Imaxe
Vulnicura (2015). Foto: Inez van Lamsweerde e Vinoodh Matadin. Fonte: The Guardian O novo disco da artista islandesa " Vulnicura " soa xa en internet mentras o  MoMA  (O Museo de Arte Moderna de Nova York) ultima unha macroexposición "inmersiva" ou "mergullante" (é dicir, bisensorial -vista e oído) dedicada á súa vida e obra. A mostra do MoMA terá lugar entre o vindeiro 8 de marzo e o 7 de xuño e será unha retrospectiva polo mundo desta polifacética artista -desde o seu " Debut " (1993) ata " Biophilia " (2011)-: máis de vinte anos de proxectos e sete álbums que rexistrarán a súa carreira a través do son, película, ilustración, instrumentos, obxectos, traxes e actuación. Para máis información podedes entrar na páxina do   MoMA .   Sobre o seu derradeiro álbum " Vulnicura " (2015) ela mesma conta nunha entrevista do 21 de xaneiro en Londres (Jessica Hopper, para  Pitchfork ) o dolor...