O REGRESO DE BJÖRK: "Vulnicura" e MoMA
Vulnicura (2015). Foto: Inez van Lamsweerde e Vinoodh Matadin. Fonte: The Guardian |
A mostra do MoMA terá lugar entre o vindeiro 8 de marzo e o 7 de xuño e será unha retrospectiva polo mundo desta polifacética artista -desde o seu "Debut" (1993) ata "Biophilia" (2011)-: máis de vinte anos de proxectos e sete álbums que rexistrarán a súa carreira a través do son, película, ilustración, instrumentos, obxectos, traxes e actuación. Para máis información podedes entrar na páxina do MoMA.
Sobre o seu derradeiro álbum "Vulnicura" (2015) ela mesma conta nunha entrevista do 21 de xaneiro en Londres (Jessica Hopper, para Pitchfork) o dolor que foi para ela a composición do disco marcado pola súa separación do cineasta estadounidense Matthew Barney e resultando musicalmente coma un diario íntimo polas súas letras, unha "cronoloxía emocional" transparente coma nunca.
Así presentou o álbum na súa páxina web:
Fonte: www.björk.com (anuncio de novo álbum) |
Para a vindeira retrospectiva do seu traballo no MoMA creou, xunto co director Andrew Thomas Huang, o traballo "Black Lake", filmado en Islandia durante o verán do 2014. Aquí colgamos o tráiler:
Gústache Björk?
Saúdos
Comentarios
Publicar un comentario