Publicacións
Mostrando publicacións desta data: 2024
DÍA 5 DE XUÑO: DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
UNHA SOA TERRA! Hai miles de millóns de galaxias no universo. na nosa galaxia hai miles de millóns de planetas, pero só hai unha Terra. A Terra enfróntase a unha tripla emerxencia planetaria: o clima está quentando a un ritmo demasiado rápido para que as persoas e a natureza se adapten; a perda de hábitat e outras presións sobre a natureza levaron a que 1 millón de especies estean ameazadas de extinción; e a contaminación segue envelenando o noso aire, terra e auga. Saír deste atolladoiro implica transformar as nosas economías e sociedades para facelas máis inclusivas, máis xustas e máis respectuosas coa natureza. Debemos pasar de danar o planeta a curalo. A boa noticia é que as solucións e a tecnoloxía existen e son cada vez máis accesibles. O Día Mundial do Medio Ambiente 2024 céntrase na restauración das terras, deter a desertificación e reforzar a resiliencia á sequía baixo o lema “As nosas terras. O noso futuro. Somos a #XeraciónRestauración" Non podemos retroceder no tempo,
GRANDES LECTORES 23-24
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
ENQUISA USUARIOS: 22-30 de maio
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Enquisa aos usuarios Durante os días 22 e 30 de maio (ámbolos dous inclusive) estaremos a pasar unha enquisa aos usuarios da biblioteca que o desexen co obxectivo de mellorar o nosos servizos e funcionamento. O papel para cubrir a enquisa e a urna atoparédelas na biblioteca desde o día 22 pola tarde. Moitas grazas pola vosa colaboración. Un saúdo desde biblioteca
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Este ano adicado a Luisa Villalta (A Coruña 1957 - 2004) Foi unha escritora, docente e violinista galega. Unha intelectual poliédrica que traballou en distintos campos, e en todos ben: poesía, teatro, narrativa, ensaio, música e colaboradora habitual en xornais e revistas. Foi unha muller feminista, ecoloxista e amante da nosa lingua, comprometida cos movementos culturais e sociais como a Festa da Palabra Silenciada e Burla Negra, e formou parte da Mesa pola Normalización Lingüística e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. No 2024 Luísa Villalta vai ser homenaxeada co Día das Letras Galegas, sendo a sexta muller nas 61 edicións.
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 7 de xuño
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
7 DE XUÑO DE 2024, ÁS 20.30H. teatro jofre CONCERTO 612 AMANCIO PRADA – LIBREMENTE Amancio Prada, música, voz, zanfoña y guitarra Programa: Libremente, cancións en directo do seu último álbum Prada Prada Fonte: Amancio Prada Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: luns 3 de xuño ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
BOLETÍN DE NOVIDADES 3º trimestre
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
No Día de Europa, cada 9 de maio, celebramos a paz e a unidade en Europa. Esta data conmemora o aniversario da histórica "Declaración Schuman", na que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa, que faría inconcibible a guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman é vista como o inicio do que hoxe é a Unión Europea.
2 DE MAIO: DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O bullying ou o acoso escolar é a forma de comportarse ou dirixirse a outra persoa, xa sexa verbal ou físicamente, causando un dano temporal ou permanente á vítima. É un tipo de acoso repetitivo a unha ou varias persoas cara aos seus iguais, no que a persoa sofre ameazas, intimidacións, manipulacións e mesmo agresións físicas. Non mires cara outro lado, ACTÚA!
EXPOSICIÓN: OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NOS CÓMICS DE ASTÉRIX
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Xa vos contaron os irreductibles galos o que hai na biblioteca? Aproveitando que este curso o lema das bibliotecas escolares é a banda deseñada ( unha biblioteca escolar en viñetas ), desde o vindeiro luns 29 de abril e durante todo o mes de maio haberá unha exposición na biblioteca adicada aos instrumentos musicais nos cómics de Astérix. Estades todos invitados
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 31 de maio
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Date(s) - 31/05/2024 20:30 - 22:30. Ubicación: Auditorio de Ferrol Baldur Brönnimann, director | Rosanne Philippens, violín John Cage, Atlas Eclipticalis* Erich W. Korngold, Concerto para violín en Re Maior, op. 35 Igor Stravinski, Sinfonía en tres movementos [*Estrea en España] Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: luns 27 de maio ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 16 de maio
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
ORQUESTA SINFÓNICA DE GALICIA 16/05/2024. 20:30 - 22:30 . Ubicación: Auditorio de Ferrol Marina Heredia, cantaora | José Trigueros, director Ernesto Halfter, Sinfonietta Manuel De Falla, O amor bruxo (versión orixinal de 1914) Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: luns 13 de maio ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A ilustradora zaragozana Helena Pallarés é a autora do cartel do Día do Libro 2024. O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. Proclamada pola Conferencia Xeral da UNESCO en 1995, esta data simbólica da literatura universal coincide coa da desaparición dos escritores William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega. Esta xornada homenaxea os libros e autores e fomenta o acceso á lectura do maior número de persoas posible.
SERVIZOS: 24 e 25 de abril
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 25 de abril
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Teatro Jofre. 25/4/24 ás 20:30 Cañizares Flamenco Quartet Cañizares (guitarra) Juan Carlos Gómez (segunda guitarra) Charo Espino (baile, castañuelas y palmas) Ángel Muñoz (baile, cajón y palmas) Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: martes 23 de abril ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
NOVIDADES: linguaxe musical
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
NOVIDADES: canto
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Grazas á editorial Dos Acordes e á Fundación Casa-Museo Manuel María temos novidades en canto. Desde a Fundación e Casa-Museo Manuel María envíannos as partituras das cinco cancións finalistas do 2º Concurso Manuel María de composicións musicais acompañadas do cartaz anunciador da 3ª edición dese mesmo concurso. Aproveitamos para difundir esta nova convocatoria do concurso que tan boa acollida tivo nas súas dúas primeiras edicións. Pódese dispor das Bases completas na súa páxina web: Noticias - Casa-Museo Manuel María (casamuseomanuelmaria.gal) E desde a editorial Dos Acordes, tamén en nome dos autores Carlos Villar-Taboada (Universidade de Valladolid) e Carme Tubío Barreira (Universidade Autónoma de Barcelona), envían o libro Cancións Galegas do Festival de Pontevedra, volume I co desexo de ser de utilidade para o alumnado e profesorado do centro: " o primeiro número dunha serie, con vocación de continuidade, de partituras de cancións inéditas sobre textos galegos, compostos
7 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DA SAÚDE
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SERVIZOS: venres 5 de marzo de 17h a 18h
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 25 de abril
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Teatro Jofre. 25/4/24 ás 20:30 Cañizares Flamenco Quartet Cañizares (guitarra) Juan Carlos Gómez (segunda guitarra) Charo Espino (baile, castañuelas y palmas) Ángel Muñoz (baile, cajón y palmas) Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: luns 22 de abril ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
2 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ler é liberdade. Ler é respirar. Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar. Ler permítelle ao teu espírito soñar. Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso. A plenitude do teu universo só medra cando les. As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente. As historias son menciña. Curan. Reconfortan. Inspiran. Ensinan. Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso. RICHARD VAN CAMP, AUTOR TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 18 de abril
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Fonte: Ataquilla.com Auditorio de Ferrol: 20:30 Date(s) - 18/04/2024. 20:30 - 22:30 Juan Ferrer, clarinete | Christian Vasquez, director L. Rondón, Fantasía Rucaneá* Piotr Ilich Chaikovski, Sinfonía nº 2 en do menor, Op. 17 Pacho Flores, Concerto para clarinete [*Obra encargo da OSG] Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: luns 15 de abril ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
NOVIDADES: xogos en biblioteca
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
1 ABRIL: DÍA DAS ARTES GALEGAS
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Hoxe, Día das Artes Galegas , que se celebra cada 1 de abril, estará dedicado ao escultor Francisco Asorey (Cambados, 1889-Santiago, 1961) . Así o decidiu na súa pasada sesión ordinaria a Real Academia Galega de Belas Artes, que destaca a figura do artista nacido en Cambados como un dos grandes renovadores da escultura española do século XX. «Falar de Francisco Asorey, vinculado á Academia de Belas Artes e á Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, é falar da escultura galega por antonomasia. É a significación da escultura galega contemporánea, un escultor imprescindible e un dos grandes artistas galegos do século pasado »
IV RETO MUSICAL: premiadas
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SERVIZOS 22 de marzo: peche de 17 a 18
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
17 DE MARZO: DÍA DO CÓMIC
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A Consellería de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, Cómic e Lectura, presenta o cartel oficial do II Día do Cómic e do Cómic, que se celebra hoxe 17 de marzo. O cartel foi realizado polo ilustrador e debuxante Borja González, gañador do Premio Nacional de Cómic en 2023 por 'Nocturnal Scream'. Segundo o propio Borja González, a súa primeira idea foi “que o cartel fose un cómic en si mesmo, como a forma correcta de celebrar o Día do Cómic”. Segundo o seu autor, o deseño tamén pretende reivindicar a necesidade dunha lectura lenta e comprensiva. Así mesmo, a Dirección Xeral do Libro, Cómic e Lectura está a traballar nunha axenda conmemorativa de actividades arredor da banda deseñada, que se desenvolverá do 11 ao 17 de marzo, en todo o territorio nacional e que comeza coa presentación deste cartel.
15 DE MARZO: DÍA DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de marzo
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Fonte: Ataquilla.com Auditorio de Ferrol: 20:30 Jessica Cottis, directora | Amy Dickson, saxofón Serguéi Prokofiev, Sinfonía nº 1 en Re Maior, op. 25 “Clásica” Peter Sculthorpe, Island Songs* Joseph Haydn, Sinfonía nº 104 en Re Maior ‘Londres-Salomon’ Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: mércores 20 ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
O día da Muller, celébrase cada 8 de marzo para lembrar a loita que as mulleres deben levar a cabo día tras día para adquirir os mesmos dereitos que os homes no mercado laboral e na vida en si mesma. "Na maior parte da historia, "Anónimo" era unha muller. É obvio que os valores das mulleres defiren con frecuencia dos valores creados polo outro sexo, nembargantes son os valores masculinos os que predomina n." Virginia Woolf 1882-1941
NOVIDADES: doazóns do Ateneo de Ferrol
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
RETO MUSICAL: tercera pista
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Reto 3: Terceira Pista Estrenouse en Viena e este ano a obra cumpre 200 anos. Esta obra foi o primeiro exemplo de un compositor importante que incluíu partes vocais neste tipo de composición. Polo tanto é unha obra coral inda que esta característica só aparece no último dos seus movementos. Moitos críticos e musicólogos a consideran unha obra maestra da música occidental. O último movemento contén unha melodía moi coñecida por todas nós e representa a un continente. Non podemos dar máis pistas!! De que obra e autor estamos a falar?
MERENDAS NA BIBLIO: do 4 ao 8 de marzo
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 13 de marzo. 20:30
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Ubicación: Teatro Jofre Nanas e habaneras latinas Betty Garcés, soprano Sophía Muñoz, piano Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: luns 11 ás 19: 00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
RETO MUSICAL: segunda pista
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
RETO 2 : segunda pista O tipo de composición musical cultivouse con extraordinaria intensidade durante o S.XVIII, cando os aristócratas comezaron a apoiar a creación de establecementos musicais onde os compositores podían desenvolver a súa obra a través dos encargos que lles facían. Este tipo de obra comezou sendo para un conxunto máis pequeno escrita a catro partes (violín, segundo violin e baixo). Logo se lle comezaron a añadir outros instrumentos como a trompa e algún oboe. A medida que avanza o siglo se lle van sumando clarinetes, trompetas, timbais, etc. ata que xa queda constituída a orquestra ao completo. Este tipo de obras normalmente está consituída por catro movementos no que o primeiro sempre ten forma de sonata. De que tipo de composición orquestal estamos a falar?
SOCIEDAD FILARMÓNICA FERROLANA: concerto 22 de marzo
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Auditorio: hora por determinar REAL FILHARMONÍA DE GALICIA Jessica Cottis, directora | Amy Dickson, saxofón Serguéi Prokofiev, Sinfonía nº 1 en Re Maior, op. 25 “Clásica” Peter Sculthorpe, Island Songs* Joseph Haydn, Sinfonía nº 104 en Re Maior ‘Londres-Salomon’ Grazas á Sociedad Filarmónica Ferrolana alumnos do centro poderán asistir de balde ao concerto. Se queres asistir, mira qué doado é: 1. Data límite para reservar unha entrada: mércores 20 ás 19:00 2. As entradas se repartirán por estricta orde na lista disponible en conserxería. Unha soa entrada por alumno/a. 3. As entradas son persoais e intransferibles. A taquilla do Jofre terá un listado cos alumnos que leven entrada. 4. Os alumnos entrarán ao concerto xunto co profesor acompañante quen levará as entradas.
MERENDAS NA BIBLIO: semana 26 de febreiro ao 1 de marzo
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALIA
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Hoxe é unha data singular porque un 23 de Febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela unha nena chamada Rosalía. Quen sabía que se ía converter na figura máis relevante da literatura galega? Dende o Cmus Xan Viaño tamén queremos celebralo e para iso plantamos unha camelia no seu nome. Por iso hoxe ás 19:30 inauguramos o "recuncho de Rosalía" acompañados do Peque Coro e da alumna de gaita Candela Primoi que nos interpretara a Alborada de Rosalía.
RETO MUSICAL : Primeira pista
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
RETO 1: Primeira Pista Esta obra está enmarcada na transición entre dúas correntes musicais. A primeira está caracterizada pola búsqueda do natural, do equilibrado e do claro. Os compositores e compositoras desta época rechazaban o artificio e o exceso de sostificación. A textura predominante era a melodía acompañada, e sempre buscaban que a melodía se puidese cantar e que fose simétrica. Pola contra a corrente estética sucesora creía que a realidade só se podía captar a través da emoción, o sentimento ou a intuición. Os compositores e compositoras tentaban expresar estas emocións hacia unha persoa, obxecto ou calquer cousa que apreciaran. As formas musicais comezan a ser máis flexibles, o virtuosismo instrumental como o uso do cromatismo comeza a facerse notable. Entre que dúas correntes musicais transita esta obra?
The Yellow Kid: o primeiro cómic da historia?
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
El Chico Amarillo (The Yellow Kid en inglés) foi o personaxe principal da serie Hogan's Alley, unha tira de xornal estadounidense de Richard F. Outcault e publicada entre 1895-98. Tal foi o seu éxito que deu orixe ao termo prensa amarela cando apareceu simultaneamente no New York World de Joseph Pulitzer e no New York Journal de William Randolph Hearst. A serie tamén é lembrada na historia do cómic por ser a primeira en utilizar globos ou burbullas para conter o diálogo dos personaxes, aínda que o neno adoitaba comunicarse a través de frases que aparecían impresas na súa camisa.
NOVIDADES: a volta do Peque Coro
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
MERENDAS NA BIBLIO: programación do 19 ao 23 de febreiro
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
MERENDAS NA BIBLIO: programación 16 de febreiro
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións