Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Asesoría de Bibliotecas

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: 15 anos de LIX Galega

Imaxe
Fonte:  Asesoría de Bibliotecas Escolares "Recollemos nesta guía 15 anos de LIX galega unha selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares galegas nestes primeiros quince anos do PLAMBE, que acompañaron ao alumnado galego no seu paso pola escola e polo instituto neste período e que, finalmente, teñen o recoñecemento das lectoras e dos lectores galegos. É froito da nosa observación e da colaboración con profesorado responsable de bibliotecas escolares que quixeron contribuír coa súa escolla. Non están todos pero todos os que están son referentes de lectura e forman parte do imaxinario do lector e da lectora que foi medrando xunto coa rede de bibliotecas escolares galegas.  A dificultade de seleccionar 15 títulos, a nosa primeira intención,  levounos a un documento más amplo no que se recollen, tamén, os títulos que tiveron recoñecemento a nivel galego, a nivel estatal e a nivel internacional."

ASESORÍA: Día Mundial do Libro 2020

Imaxe
Fonte:  Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia  "Achégase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor , en acepción da UNESCO, e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2020. Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, xornalista e divulgador da cultura de Galicia, Manuel Gago , quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades do libro e da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:  "Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín" Que a primavera entre polas fiestras e traia a voz das aves para acompañar as nosas lecturas! "   DÍPTICO COMPLETO (pdf)   TEXTO de Manuel Gago     "A imaxe do díptico é tamén unha colaboración ...

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS: DÍA DAS ESCRITORAS

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas escolares   "O día das escritoras é unha conmemoración promovida pola Biblioteca Nacional de España xunto á  Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das autoras a través da historia a partir da lectura de fragmentos representativos das súas obras. Esta celebración lévase a cabo o luns máis próximo á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A IV edición celébrase este ano 2019 o 14 de outubro baixo o lema “ Mulleres, amor e liberdade ”. O amor entendido desde a perspectiva das mulleres: “un territorio amplo, complexo, contradictorio, laberíntico, atravesado por luces e sombras, grandes paixóns, mais tamén as coitas”, como explica Clara Sanchís, comisaria desta convocatoria (...)".  Desde a biblioteca queremos aportar o noso grao de área na visualización das mulleres compositoras ao ...

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: "biblioteca escolar, viveiro de cidadanía"

Imaxe
  Fonte: Asesoría de bibliotecas escolares   "A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.  Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das act...

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: Día do Libro

Imaxe
     Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares: Día Mundial do Libro 2019   " Achégase o Día mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2019. Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso á poeta, narradora, profesora e académica Marilar Aleixandre , quen xenerosamente cedeu un poema para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, sobre a lectura como unha viaxe ao fondo das preguntas. Un texto que convida  a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse".   DÍPTICO COMPLETO CAPA DO DÍPTICO TEXTO DE MARILAR ALEIXANDRE  

CONVOCATORIA BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS 2018-19

Imaxe
Fonte: edu.xunta.es  Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?   Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo. Non esquezas poner no asunto " Bibliotecas Solidarias " Tamén podes falar directamente ca coordinadora (Águeda). Prazo para apuntarnos no programa:  antes do 21 de decembro.     Abaixo enlazamos ca súa publicación na páxina de educación da Xunta: Convocatoria Bibliotecas Escolares Solidarias 2018-19 

ASESORÍA: IX XORNADAS

Imaxe
     Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares     "Os días 9 e 10 de novembro celebraranse en Compostela (Palacio de Congresos) as IX Xornadas de Bibliotecas escolares de Galicia, a gran cita anual do profesorado interesado en temas relacionados coa lectura, os alfabetismos múltiples, as bibliotecas escolares e a educación, en definitiva. Estas xornadas están abertas a todo o profesorado e contan cun programa extenso no que se contemplan conferencias, presentación de boas prácticas nos distintos ámbitos do amplo mundo das bibliotecas escolares, mesas de debate e, como en anteriores ocasións, unha sesión denominada "A fume de carozo", para a comunicación de dez actividades moi concretas levadas a cabo en bibliotecas de centros educativos galegos, seleccionadas entre as candidaturas presentadas a tal efecto.  Haberá espazo para a ciencia, a poesía, as culturas urbanas, a lectura crítica da imaxe, as bibliotecas e as súas transformacións; as ...

ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: Poéticas diversas

Imaxe
Fonte: Asesoría de Bibliotecas Escolares  " A poesía, din, é a memoria do mundo ". Juán Marqués   "A poesía está por todas partes, o que importa é explorar para descubrila. A biblioteca escolar é un lugar privilexiado para estimular esa mirada que xogue a descubrir a poesía que se agocha nas paisaxes, na música, no cine, nunha noite estrelada, no baile do vento na herba, nos seres minúsculos que só podemos ver a través do microscopio, nesa música que engaiola, na palabra dos poetas, na tradición oral, nun texto que nos traspasa e nos obriga a mirarnos, nesa persoa que nos axuda a abrir os ollos para ver o que nos reodea, no último descubrimento científico (eses escutoides descoñecidos atá agora), nesa voz que nos fala, nese abrazo que nos agarima...    POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019, como chiscadela para d...

ASESORÍA: 23 de abril

Imaxe
Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia   "O día 23 foi o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018. Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso , quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura. Se ben o contido do texto, pola súa ironía, parece destinado especialmente ao alumnado adolescente, será o profesorado de infantil e primaria, co seu bo facer, quen axude a realizar tamén unha lectura axustada ao alumnado máis novo, e sacarlle todo o partido a esta excelente achega do escritor vigués, ao tempo que se introduce esta figura estilística, un rexistro cada vez máis difícil nestes tempos de pensamento único. Cómpre, así mesmo, axudar á le...

CONVOCATORIA "BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS" 2017-18

Imaxe
Fonte: edu.xunta.es  Eres alumno/a do Conservatorio e gustaríache colaborar na biblioteca?   Se estás interesado/a ou queres informate do programa podes mandar un correo a: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com cos teus datos para poder poñernos en contacto contigo. Non esquezas poner no asunto " Bibliotecas Solidarias " Tamén podes falar directamente ca coordinadora (Águeda). Prazo para apuntarnos no programa:  antes do 21 de decembro.     Abaixo enlazamos ca súa publicación na páxina de educación da Xunta: Convocatoria do programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2017_18  

ASESORÍA: Cómo identificar noticias falsas - IFLA

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia   Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia falaron a comezos de curso de cómo identificar noticias falsas. Desde aquí facémonos eco da interesante entrada que copiamos a continuación.  Para ler máis, ir á fonte :)   "A IFLA (International Federation of Library Associations and Institutions ) publicou hai un tempo esta infografía na que se lembran algúns aspectos a ter en conta á hora de valorar a información e a fiabilidade das noticias: How To Spot Sake News Traducida ao galego, lembrámola nestes comezos de curso como unha ferramenta para a imprescindible alfabetización en información , na que podemos ir introducindo ao alumnado desde ben pequenos, e aproveitando o interese polos temas que xorden no medio ou no transcurso das investigacións que realicen nas diferentes fases dos seus traballos.  (Agradecemos a Manuel Iglesias Fernández a tradución ao noso idioma)."   ...

CURSO 2017-18

Imaxe
Fonte: Bibliotecas escolares de Galicia "Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual.  A experiencia de Xosé Tomás como profesor de inglés no CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal), centro que conta cunha biblioteca moi activa, sen dúbida está detrás da amplitude de posibilidades que imaxina na súa recreación  gráfica. Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais, ...

CURSO 2015-2016

Imaxe
"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, enviará en breve a todos os centros públicos como reforzo das actuacións da biblioteca escolar e para apoiar a visibilidade dos seus recursos e das súas oportunidades de aprendizaxe. A imaxe do cartel responde á interpretación que deste lema fixo o ilustrador e autor de cómic FRAN BUENO ,  e ten suficiente carga simbólica e información como para espertar o interese do alumnado. En efecto, a biblioteca escolar pode ser a base desde a que explorar o mundo real, pero tamén os mundos imaxinarios; os materiais impresos e os recursos electrónicos achégannos informacións sobre todo aquelo que queremos coñecer e comprender; é un espazo para a investigación individual e para o traballo en equipo; é un espazo integrador cheo de oportunidades de aprendizaxe. O lema "Bibliotec...