ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES: 15 anos de LIX Galega



"Recollemos nesta guía 15 anos de LIX galega unha selección dos libros que tiveron unha maior presenza nas bibliotecas escolares galegas nestes primeiros quince anos do PLAMBE, que acompañaron ao alumnado galego no seu paso pola escola e polo instituto neste período e que, finalmente, teñen o recoñecemento das lectoras e dos lectores galegos. É froito da nosa observación e da colaboración con profesorado responsable de bibliotecas escolares que quixeron contribuír coa súa escolla. Non están todos pero todos os que están son referentes de lectura e forman parte do imaxinario do lector e da lectora que foi medrando xunto coa rede de bibliotecas escolares galegas.  A dificultade de seleccionar 15 títulos, a nosa primeira intención,  levounos a un documento más amplo no que se recollen, tamén, os títulos que tiveron recoñecemento a nivel galego, a nivel estatal e a nivel internacional."

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Sociedade Filarmónica Ferrolana. Avance dos primeiros concertos desta temporada 2024/2025

Artigo sobre Xan Viaño

I CONCURSO POSTAL DE NADAL MUSICAL