Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Tchaikovsky

A BELEZA DA MÚSICA

Imaxe
Onte tivo lugar o concerto "A beleza da música" dentro das actividades organizadas nesta semana da Paz e onde os alumnos de piano con obras de Tchaikovsky desplegaron todo o seu bo facer. O concerto foi no Auditorio do conservatorio, adornado con pombas de diferentes cores e o retrato do compositor proxectado na pantalla. Subimos unha foto dun momento do concerto que amablemente facilítannos desde o equipo de convivencia.    Participaron alumnos dos profesores Lidia Espido, Loreto Pérez, Alexandra Pita e Paulo Rodríguez.    Noraboa a todos os participantes, os seus profesores e organizadores pola fantástica velada.

CONCERTO 26 DE XANEIRO: P. I. Tchaikovsky, "O álbum da xuventude" Op. 39

Imaxe
O equipo de convivencia do Conservatorio facilítanos o programa de man do concerto de alumnos do vindeiro luns 26 de xaneiro que se celebra no marco das actividades da "Semana da paz":   Un saúdo

O RINCÓN DO COMPOSITOR: TCHAIKOVSKY

Imaxe
Como xa sabedes Tchaikovsky é o autor que nos ocupa estes días e a él está dedicado o rincón do ANPA: "O rincón do compositor": Piotr Ilich Tchaikovshy (1840-1893)  Nesta ocasión atoparedes moitas fotografías e documentos relacionados ca vida e época na que viveu este autor ruso: fotos e retratos, correspondencia do autor, deseños dalgúns dos decorados dos seus ballets, facsímiles de partituras...   Á esquerda do rincón, rodeada de libros de literatos rusos (Chejov, Babel, Tolstoi, Gógol...) está a biografía do autor.   Nadezhda von Meck, patrocinadora e amiga do compositor Fotografía do Museo Tchaikovshy, en Klin (Rusia) Na dereita da mesa tedes una pequena pantalla onde podedes ver e escoitar o ballet "O lago dos cisnes" na dirección de Nuréyev e a súa sinopse dos seus catro actos. Ballet "O lago dos cisnes" ¡Esperamos que vos guste!

OUTRA RECOMENDACIÓN DE XANEIRO: TCHAIKOVSKY "Danza da fada de azúcar" da suite "O Quebranoces" Op. 71a

Imaxe
Estos días o rincón do compositor e o concerto do luns 26 está dedicado a Tchaikovsky; desde a biblioteca imos recomendar un fragmento da obra deste compositor ruso. " O Quebranoces "  foi o terceiro ballet que Tchaikovsky compuxo polo encargo de Ivan Vsevolozhsky, director dos Teatros Imperiais quen quixo de novo contar ca música do compositor tralo éxito de " A bela durminte " (1890).    O seu libreto  parte dunha adaptación de Alejandro Dumas pai  sobre un conto de Hoffmann (" Quebranoces e o rei dos ratos " de 1816). A historia desenvólvese na Navidad de 1850, en Alemania, na casa do juíz Stahlbaum. Os fillos do matrimonio, Clara e Fritz, están a abrir os regalos e aparece o vello Drosselmayer -mago e padriño de Clara- co seu sobriño e tres caixas para ela, nas que hai un Arlequín, unha Colombina e un gran Quebranoces ca forma dun soldadito de madeira.  Deseño de vestiario Ivan Vsevolozhsky para "O Quebranoces" (1892) ...