Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

TRIVIAL MUSICAL: CONCERTO INAUGURAL DA TEMPADA 2016-2017

Imaxe
 Grazas á Sociedade Filarmónica Ferrolana, a Biblioteca do Conservatorio pode ofertar dez entradas para asistir ó concerto do vindeiromércores 5 de outubro. Para participar teredes que contestar de xeito correcto a unha das preguntas que podedes ver máis abaixo.   Como hai alumnos de diferentes niveis haberá coma sempre dúas preguntas : unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional . Deberedes enviar as vosas respostas co aunto "TRIVIAL" á dirección electrónica seguinte: bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com   No correo tedes que incluír o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio así coma a vosa resposta (correcta, iso esperamos). As entradas entregaranse por estricta orde de chegada dos correos e   poñerémonos en contacto cos/as agraciados/as.     A data límite para recibir os vosos correos é o vindeiro venres 30 de setembro (ata as 10:00 horas).   PREGUNTA GRA

INICIO DA TEMPADA DE CONCERTOS DA SFF

Imaxe
  Desde a Sociedade Filarmónica Ferrolana nos informan do inicio da tempada de concertos 2016-2017 e que seguen a colaborar con nós como en tempadas anteriores.  Deste xeito, en breve publicarase o primeiro trivial musical do curso. Os ganadores poderán asistir ao primeiro concerto do vindeiro 5 de outubro.   ¡Estade atentos e moita sorte!   Máis información: http://www.filarmonicaferrolana.es/

APERTURA DA BIBLIOTECA: 26 de setembro

Imaxe
        A biblioteca "José Fontenla Leal" abrirá as súas portas o vindeiro luns 26 de setembro .   Bo comezo de curso a todos.

CURSO ESCOLAR 2016-2017

Imaxe
Fonte: Bibliotecas escolares de Galicia   "Biblioteca escolar - Territorio das Artes" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezo do curso 2016/2017  con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. Nesta ocasión foi MINIA REGOS a creadora convidada a interpretar o lema anual.  A imaxe creada por Minia Regos garda moitas sorpresas para as lectoras e os lectores; propón un xogo de exploración e aventura por este "territorio" complexo e engaiolante que é toda biblioteca escolar.    Nos últimos anos, as bibliotecas escolares demostraron que é posible integrar as ciencias e as humanidades nas actividades de lectura e de acceso e construción do coñecemento. Os materiais de divulgación científica, os xogos matemáticos, a xeografía ou as aventuras da exploración física ou simbólica foron temática de traballo e son xa parte esencial das programacións e dos proxectos