Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta VI Xornadas de Bibliotecas Escolares

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Imaxe
 Os pasados días 20 e 21 de novembro tiveron lugar as VI Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Desde a Asesoría de Bibliotecas irán colgando os materiais en redeBE . Non deixades de ver a intervención de Xurxo Mariño: " Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo ". 

VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Imaxe
  Fonte: Bibliotecas Escolares de Galicia Nos vindeiros 20 e 21 de novembro celebraranse en Compostela as VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA , unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Agárdase a asistencia dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia, coma en anos anteriores.    O programa previsto contempla un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudirán, así mesmo, expertos de distintos ámbitos que axudarán á reflexión sobre os novos retos que deben enfrontar as bibl...