Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Teatro

Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas. Teatro Infantil. Auditorio Sede Afundación Ferrol

Imaxe
  Día da infancia - O agasallo das árbores de Cris Caldas ·          Auditorio Sede Afundación de Ferrol ·          16 novembre 2024 17:30 h. ·          45 minutos ·          Idade  mínima: 3 anos Con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DA INFANCIA, o 16 de novembro, Afundación convida ao público a asistir ao espectáculo " O agasallo das árbores" , que está insertado no Programa Cultura por Alimentos. 👀👆🍲👧👦¡IMPORTANTE! O acceso ao concerto será mediante a doazón de alimentos infantís que irán destinados ao Banco de Alimentos. Moita xente coñece "Os tres porquiños", famosos no mundo dos contos, pero casi ninguén coñece a historia dos seus pais e de cómo medraron entre as árbores da montaña galega e contos de igualdade. Todo sábese porque o contou a avoa de Carmela que sabía moitas cousas de contos de sempre. Ela...

A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES no Pazo da Cultura en Narón. Montaxe teatral de Magín Blanco e Ghazafellos

Imaxe
Espectáculo no Pazo da Cultura dunha montaxe teatral de Magín Blando e a compañía Teatral Ghazafellos A NENA E O GRILO CAMIÑO DAS CORES A Nena e o Grilo camiño das cores é unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos con música en directo. É esta a última e cuarta entrega de A nena e o grilo, o musical infantil máis aclamado do panorama galego que conta con tres espectáculos previos: O País das Apertas, A Nena e o Grilo nun Barquiño e A Nena e o Grilo máis Aló. O fío condutor desta cuarta entrega son os camiños, as peregrinacións nas que as camiñantes buscan atoparse consigo mesmas, a vida que avanza e non sabemos a onde nos leva. A Nena xunto co Grilo que a acompaña emprenderá unha viaxe chea de aventuras e sorpresas na que descubrirá que o seu anhelo non é outra cousa que a amizade. Unha nova entrega da saga para público familiar coa que viaxamos ó País das Apertas! Compañía:   MAGÍN BLANCO E GHAZAFELHOS Lugar do espectáculo:   Auditorio Municipal Funcións:...

Presenza da Biblioteca José Fontenla Leal do CMUS Xan Viaño nas Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia 2024/2025

Imaxe
O día 9 de novembro celebrouse no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, as Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia "Biblioteca Escolar a Escena!" deste curso 2024/2025 . O CMUS Xan Viaño de Ferrol, estivo presente coa asistencia de Soraya García Riveiros, a coordinadora da Biblioteca José Fontenla Leal do Conservatorio de Ferrol.  Déronse cita equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas na temática do lema deste curso "Biblioteca escolar, a escena!". Unha xuntanza que falou do poder do Teatro como soporte para diferentes relatos, da interpretación como linguaxe poderosa... que eloxiou á biblioteca e á escola alfabetizadora; o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, da creación de redes... Foi, novamente, unha ocasión para o encontro entre o profesorado deste amplo colectivo de docentes ...

TEATRO COLÓN (A CORUÑA): EL PRINCIPITO

Imaxe
" O tempo que perdiches coa túa rosa fai que a túa rosa sexa tan importante" Antoine Saint-Exupéry ( O principiño , 1946 )   ¿Gustaríavos visitar un asteroide? ¿e viaxar de planeta en planeta? Tédelo doado:   Fonte: paxina web do Teatro Colón   Dirixida a todos os públicos Prezo : 6€-8€ Sábado, 10 de Outubro ás 18:00 Teatro Colón de A Coruña    Fonte: paxina web do Teatro Colón   Para máis información: http://www.teatrocolon.es/es/evento/el-principito/