Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta O rincón do compositor

O NOSO ANPA, ESES ARTISTAS

Imaxe
O noso ANPA. De esquerda á dereita: Carmela, Marije y Chacho. Ao longo do curso "O rincón do compositor" foi cambiando. A continuación tedes todos os enlaces coas páxinas do blog:   - VERDI - DÍA DA MÚSICA - MARIN MARAIS - MOZART - BEETHOVEN - TCHAIKOVSKY - MENDELSSOHN - PAGANINI - VIVALDI - BACH - Ofrenda floral a XAN VIAÑO - Bandas sonoras: JOHN WILLIAMS - O PEQUECORO fai 5 anos - Día das LETRAS GALEGAS - TMM en concerto    Desde o día 4 de xuño o ANPA creou un novo e derradeiro recuncho. Nel atoparedes un memorándum con todas as actividades feitas ao longo deste curso académico. Se queredes podedes clicar no seguinte enlace para consultalo e/ou descargalo: Memoria de actividades: ANPA 2014-2015    Tamén hai un cartel que anima aos pais, nais e titores a facerse socios cos impresos que cómpre rechear e información sobre o " banco de libros " xestionado polo ANPA.

O PEQUE CORO FAI 5 ANOS

Imaxe
Estes días "o rincón" estará dedicado ao "Peque Coro" pois fai xa cinco anos desde que comezou a súa andaina. Atoparedes tres fotografías enmarcadas  do Peque Coro, un resumo da súa actividade estes anos, recortes de periódicos, programas, ... e agradecementos do ANPA a súa directora Catuxa Pita e pianista acompañante Alexandra Pita. Para celebralo mañá xoves 7 de maio darán un concerto ás 19:00 no Auditorio de Conservatorio: Peque coro, páxina oficial   Parabéns Peque Coro

O RINCÓN DO COMPOSITOR: JOHN WILLIAMS

Imaxe
 Estes días e enlazando coa IV edición do concurso "Tócaa outra vez Xan",  o rincón do compositor estará dedicado ás Bandas Sonoras e á figura do compositor John Williams que tantas partituras ten compostas para o mundo do cine. O rincón do compositor: B.S.O e John Williams (1932- ) Gandalf e Dumbledore Os increibles Mike Wazowski saúdanos Frankenstein e Piratas do Caribe Sulley agoira a Fiona Jurasic Park Víchedes algunas destas películas? Lembrades algúns dos seus temas musicais? Algúns son moi coñecidos.   Ao carón de spiderman e na mesa atoparemos algunhas páxinas sobre o compositor protagonista do rincón John Williams : - A súa infancia e formación - A súa chegada ao mundo do cine - Sinfonías e outros traballos - Williams director de orquestras - Bandas Sonoras e galardóns recibidos - Os seus traballos para a televisión   Durante o tempo que estea o rincón das bandas sonoras se emitirán diversas pelí...

O RINCÓN DO COMPOSITOR: JOHANN SEBASTIAN BACH

Imaxe
O rincón do compositor: Johann Sebastian Bach (1685-1750) Desde o martes 17 de marzo o rincón do compositor está dedicado a Johann Sebastian Bach (1685-1750). Nesta ocasión o retrato de Bach (Haussmann, 1748) preside o rincón e a ámbolos lados hai unhas láminas de José Otero Abeledo (Lalín, 1908- Vigo 1996) máis coñecido como Laxeiro . Sobre un coxín baixo o retrato atopamos unha batuta, un diapasón e unha pluma. Arredor do coxín candeas amarelas e verdes fainos pensar en todas as notas que Bach puido compoñer durante as noites. Sobre un piano unha pregaria en honor ao compositor "Bach nuestro / que estás en la música / santificado sea tu preludio / venga a nosotros tu fuga / hágase, Señor, tu contrapunto / así en la sonata como en el concierto / Perdona nuestras notas falsas así como nosotros perdonamos a los que las cometen / No nos dejes caer en el reggaetón / líbranos de Clayderman / porque tuya es la inspiración, / la creatividad / ...