Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2013

TRIVIAL MUSICAL - CONCERTO DÍA 22 DE MARZO DE 2013

Imaxe
Hola a tod@s! TRIVIAL MUSICAL En estreita colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), a Biblioteca do Conservatorio e a  Sociedade Filarmónica Ferrolana,  ofertará dez entradas para asistir ao vindeiro concerto do día 22 de Marzo e para o que teredes que contestar de xeito correcto a pregunta do mes deste blog, que a continuación poderedes ver. Como hai alumnos de diferentes niveis, haberá dúas preguntas: unha para aqueles alumnos que cursen o Grao Elemental e outra para aqueles alumnos que cursen o Grao Profesional. As respostas deberedes envialas a dirección electrónica seguinte:  bibliotecajosefontenlaleal@gmail.com e poñerémonos en contacto con vos a devandita entrada, no caso de que acertedes a devandita pregunta. Entregaranse as entradas por orden de chegada dos mails. No mail tedes que especificar o voso nome completo, curso e instrumento que cursades no Conservatorio, así como a vosa resposta (correcta, eso esperamos).  Recordamos que o

III FESTIVAL "XAN VIAÑO" PARA NOVOS MÚSICOS DE CORDA FROTADA E PULSADA

Imaxe
   Hola a tod@s!    Dende a Biblioteca querémosvos anunciar, unha vez máis, a celebración do concurso bianual "Xan Viaño" para Novos Intérpretes no que poderán participar aqueles alumn@s de Grao Elemental dos Conservatorios Públicos da Comunidade Autonoma de Galicia que estén cursando como instrumento aqueles que pertenzan as familias de Corda Pulsada e Frotada (ou friccionada).    María José, a profesora de Arpa do CMUS Xan Viaño e organizadora do evento, quere recordar que o Concurso ten dous elementos moi importantes: un é a exposición - venta de instrumentos, libros, partituras... que farán os amabilímos Antonio e Moisés, empregados de Mundimúsica, que son parte moi importante para que se poida celebrar dito evento e, por outro lado, o Festival onde @s nov@s alumn@s poderán amosar as súas cualidades, co mellor de sí. Ademais, queremos remarcar que o importante deste Festival, non é o feito de gañar, xa que, unha dos aspectos que consideramos importantes, é o fe