Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Día das Letras Galegas

Celebramos as Letras Galegas 2025

Imaxe
  xúdame, compañeira, axúdame, camarada, axúdame, compañeira, a facer a foliada.   A  Real Academia Galega  acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).    Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia das mulleres como figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura.   Mulleres que fortalecían e fortalecen os vencellos comunitarios como fan as bibliotecas escolares de Galicia, tecendo redes arredor do patrimonio e a defensa da nosa cultura.   Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2025:     CEIP A Paz Tintureira (Vigo-Pontevedra):  Un maio de cantareiras,  E tamén un maio de pintoras galeg...

Primavera das letras 2025

Imaxe
A Real Academia Galega xa ten dispoñible na páxina web de  Primavera das Letras  o texto teatral  As Ferreñas (en vivo e en directo) , a achega de Paula Carballeira á última edición do proxecto da Real Academia Galega para o público máis novo co gallo do Día das Letras Galegas que lles dedica ás cantareiras e á poesía popular oral.   Na mesma páxina están tamén dispoñibles as primeiras actividades interactivas, fichas para colorear e os deseños das chapas e marcapáxinas das cantareiras que creou a ilustradora. Nas vindeiras semanas iranse estreando novos contidos.   Máis información sobre actividades e outros contidos para o Día das Letras Galegas 2025 na web da  Real Academia Galega

A primeira muiñeira con notación musical está datada en 1786

Imaxe
  Muiñeira representada no gravado que Mariano Ovejero realizou do cadro de Dionisio Fierros de 1858 Unha tese da USC analiza a danza e composición musical tradicional como un "elemento identitario" da Galicia do século XIX A muiñeira, que é tanto unha danza tradicional galega como a composición musical que a acompaña, converteuse no século XIX nun “elemento identitario” de Galicia que acompañou o rexurdir político e cultural da época. Así o recolle a tese de  Julio Alonso Monteagudo , investigador da Universidade de Santiago (USC). No seu traballo consegue datar no Nadal de 1786 a primeira muiñeira con notación musical, asinada por Melchor López, mestre da capela da catedral compostelá. Aquí tedes nesta ligazón máis información.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
Lembrades aquel día? Galería de imaxes : A Asociación Recreativa "O Peque Coro" fixo entrega da bandeira de Galicia a Cristian, profesor de gaita do Conservatorio. Dorothé Schubarth presentou "Os cantos do mar " e amablemente asinounos un exemplar. A continuación imaxes dos participantes coas súas obras. Todos os participantes no Concurso "Xan Viaño" de Creación Musical recibiron un pequeno agasallo.   E despois a Asociación Recreativa "O Peque Coro" agasalló aos participantes cunha merenda :)  

OS CANTOS DO MAR, Dorothé Schubarth

Imaxe
 O pasado 16 de maio tivo lugar a celebración do Día das Letras Galegas no noso Conservatorio.  Nese día tivemos un recital e a entrega de premios do XIII Concurso "Xan Viaño" de Creación Musical así coma a presentación do libro " Os cantos do mar " de Dorothé Schubarth.   A autora amablemente dedicounos un exemplar e temos outro para empréstito.     Coma sempre, xa sabes que podes consultar a súa disponibilidade na OPAC Saúdos desde biblioteca

16 MAIO: FESTIVAL DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Imaxe

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Imaxe
O mércores tivo lugar no Auditorio do Conservatorio a celebración do Día das Letras Galegas 2015 organizado polo noso ENDL. No acto estreáronse as obras ganadoras do concurso de composición e fixéronse entrega dos premios.   Programa celebración Día das Letras Galegas Video celebración Día das Letras Galegas Cristian Silva e Crisanto Gándara    Manuel Rei Romeu, autor de Alfonso Daniel Castelao dedicounos unhas palabras no exemplar que donou á nosa biblioteca. Manuel Rei Romeu: Alfonso Daniel Castelao , Ed. A nosa terra. "A todas as persoas interesadas na obra de Castelao, usuarios desta Biblioteca. Con agradecemento e agarimo, esta interpretación "esencial" da súa vida e obra. Ferrol, maio de 2015"   Moitísimas grazas ao autor e ás demáis persoas que organizaron e participaron no evento. Galería de imaxes         Durante un tempo estivo na entrada do Auditorio una "Prop...