Celebramos as Letras Galegas 2025
xúdame, compañeira,
axúdame, camarada,
axúdame, compañeira,
a facer a foliada.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Coa elección de 2025 quérese recoñecer a importancia das mulleres como figuras centrais na creación, preservación e transmisión da cultura.
Mulleres que fortalecían e fortalecen os vencellos comunitarios como fan as bibliotecas escolares de Galicia, tecendo redes arredor do patrimonio e a defensa da nosa cultura.
Velaquí algúns exemplos de actividades nas bibliotecas escolares galegas nestes días de maio de 2025:
- CEIP A Paz Tintureira (Vigo-Pontevedra): Un maio de cantareiras, E tamén un maio de pintoras galegas
- CEIP P. de Oca (A Estrada-Pontevedra): Tradidácticos
- CEIP San Miguel de Reinante (Barreiros-Lugo): Exposición Mulleres por Mulleres, Letras Galegas 2025
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Letras Galegas 2025
- IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz-Lugo): Se canto é porque quero
- IES Ribeira do Louro (O Porriño-Pontevedra): Recomendacións lectoras para o mes das letras galegas, As cantareiras e a lírica popular, Programación mes de maio,

Comentarios
Publicar un comentario