Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta xuvenil

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, 2 de abril

Imaxe
Como xa sabedes, o día 2 de abril celébrase en todo o mundo o Día Internacional do Libro Infantil para conmemorar o nacemento de Hans Christian Anderse. A OEPLI, xunto coas súas catro sección - Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil-ClijCAT, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil-GÁLIX, e Galtzagorri Elkartea-, como todos os anos quere conmemorar ese día con todos os alumnos de Primaria e 1º Ciclo de Secundaria de Galicia e para isto convocaron o concurso Nós lemos e ti? que xa colgamos neste blog.     Como membros do IBBY e coa intención de que en todos os países do mundo se celebre o Día Internacional do Libro Infantil colgamos aquí a mensaxe " Muchas culturas una historia" da escritora MARWA OBAID e o cartel de NASIM ABAEIAN que este ano preparou a sección de Unión de Emiratos Árabes do IBBY e que, coa versión nas catro linguas oficias atoparedes na web da OEPLI .   "Falamos diferentes li...

CONCURSO: "NÓS LEMOS, E TI?"

Imaxe
CONCURSO   DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL    2015 “Nós lemos, e ti?”   Con ocasión do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL (2 de abril), a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, xunto coas súas catro seccións: Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, convoca o concurso “Nós lemos, e ti?”.   PARA PARTICIPAR:   Poden participar todos os lectores e lectoras que estean cursando Primaria ou primeiro ciclo de Secundaria, a través do seu centro docente ou dende a biblioteca. Reunir membros da familia ou amigos que queiran participar. Escoller un libro en galego cada un e co móbil ou cunha cámara facerse unha selfie. É imprescindible que se vexan os libros. Deberá acompañar á selfie un breve texto expl...