Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña presenta os premios da súa área de Cultura, dotados con 102.000 euros

Imaxe
A entidade provincial persentou esta quinta feira os seus galardóns literarios, musical, fotográfico e de arte gráfica. A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña acolleu esta quinta feira a presentación de todos os certames convocados pola área de cultura para este 2025. No acto participaron a deputada de cultura,  Natividade González , e os comisarios dos premios literarios,  Susana Pedreira ; do Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais,  Rocío Castro ; do Luís Ksado de creación fotográfica,  Xurxo Lobato , e do Jesús Núñez de Arte Gráfica,  Pedro Galilea . Os certames convocados son o Castelao de Banda Deseñada, o Manuel Murguía de Ensaio, o Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, o Torrente de Narrativa en Galego e Castelán, o Jesús Núñez de Arte Gráfica, o Luís Ksado de Fotografía, o Isaac Díaz Pardo de Arte, o Fran Pérez “Narf” p...

25 N Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller

Imaxe
25 N Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller Dende o Equipo de Benestar e Convivencia, invitámosvos a mostrar o voso apoio traendo ao conservatorio unha prenda ou complemento morado o luns 25 de novembro.  O Xan Viaño en contra da violencia contra as mulleres! 💜 Dende o Equipo de Biblioteca do Xan Viaño que remos compartir isto: Contra a violencia de xénero: Mulleres do medievo galego A historia ensínanos que esquecer a nosa é volver a equivocarnos polo que resulta imprescindible nas datas nas que estamos coñecer a mulleres esquecidas que merecen unha ollada pois grazas a elas disfrutamos do noso presente. Estos días disfrutamos da exposición "Mulleres do medievo galego" ofertada pola  Deputación da Coruña  que consta de 21 paneis, o primeiro introdutorio e o resto son dez láminas ilustradas e os 10 respectivos textos. As protagonistas son dez mulleres da nosa historia elixidas pa...