ANPA: PLACA DO PEQUE CORO E PLANTACIÓN DE CEREIXEIRAS
O pasado venres 29 de maio o ANPA, a partir dunha iniciativa dos país e nais dos nenos e nenas que forman o Peque Coro e grazas á dirección do centro que autorizou o acto, plantou cinco cereixeiras, unha por cada ano de vida do coro. As cereixeiras O Peque Coro, no acto de plantación das cereixeiras Ao día seguinte, sábado 30 de maio , o Peque Coro do "Xan Viaño" grababa o seu tradicional CD do curso. Aproveitando a ocasión o ANPA participou na entrega dunha placa conmemorativa de "O Peque Coro" que o pintor e escultor ferrolán Nito Horus fixo e que gustosamente donou para agasallar a Catuxa e Alexadra, e dar así un recoñecemento público ao estupendo traballo que de forma altruista veñen desempeñando estes anos. Noraboa tamén desde a biblioteca polo traballo e os bos momentos que nos dades. E que veñan moitos anos máis como este. Galería de imaxes Os Peque Coristas no acto do sábado A Placa Alexandra e C...