ANPA: PLACA DO PEQUE CORO E PLANTACIÓN DE CEREIXEIRAS

O pasado venres 29 de maio o ANPA, a partir dunha iniciativa dos país e nais dos nenos e nenas que forman o Peque Coro e grazas á dirección do centro que autorizou o acto, plantou cinco cereixeiras, unha por cada ano de vida do coro.

As cereixeiras
 
O Peque Coro, no acto de plantación das cereixeiras
 
 Ao día seguinte, sábado 30 de maio, o Peque Coro do "Xan Viaño" grababa o seu tradicional CD do curso. Aproveitando a ocasión o ANPA participou na entrega dunha placa conmemorativa de "O Peque Coro" que o pintor e escultor ferrolán Nito Horus fixo e que gustosamente donou para agasallar a Catuxa e Alexadra, e dar así un recoñecemento público ao estupendo traballo que de forma altruista veñen desempeñando estes anos.

Noraboa tamén desde a biblioteca polo traballo e os bos momentos que nos dades. E que veñan moitos anos máis como este.

Galería de imaxes
 
Os Peque Coristas no acto do sábado


A Placa

Alexandra e Catuxa ao descubrir a placa :)
Unha agradable convivencia
 

O ANPA organizou xogos para os peque coristas

Comentarios

  1. Grazas á ANPA por dar tantos aloumiños a tódolos pequecoristas.

    Grazas por tan ferroso agasallo como é a placa que adica ó Peque Coro o escultor Nito Horus.

    Grazas por estar sempre ó noso lado, vendo medrar a ilusión por este proxecto, como veremos florecer as nosas cereixeiras.

    Grazas

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Artigo sobre Xan Viaño

Voluntariado na Biblioteca do Xan Viaño

Letras Galegas 2026: Begoña Caamaño