Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2012

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

Imaxe
Hola tod@s! Dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica e da Biblioteca José Fontenla Leal, queremos facer partícipes a todos do homenaxe que se fixo na Biblioteca do noso Centro o día 12/12/12 as 12:00 h . en consonancia cunha iniciativa que se formulou e se fixo eco nas Bibliotecas que están adscritas no PLAMBE. No noso Centro e de xeito moi humilde quixemos ser partícipes lendo un par de poemas de Celso Emilio Ferreiro; ahí tedes as fotos do día en cuestión. Gracias a todos os profes que colaboraron e fixeron un oco dentro dese día, xa que estabamos de Avaliación, sobre todo a Iria Rico, Responsable do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica, e a Quique, Responsable da Biblioteca, como se pode apreciar nas seguintes fotos. GRACIAS (Perdoade o error informático por causa allea a nós)

DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA E DO CENTRO: BUSCANDO A XANVI

Imaxe
Hola a tod@s: Dende o Departamento de Convivencia e da Biblioteca queremos promover unha actividade a toda a comunidade educativa do noso Centro; dita actividade consiste na elaboración dunha mascota que represente ao Conservatorio e a Biblioteca. A continuación deixovos as bases para que lle botedes un vistazo. CONCURSO DESEÑO DE MASCOTA CMUS XAN VIAÑO DE FERROL BUSCANDO A XANVI Buscamos a Xanvi, a mascota que nos represente e acompañe na vida e actos do conservatorio. A Xanvi gústalle a música (canta e toca calquera instrumento), as artes, a lectura, Galiza e a súa cultura. Xanvi é simpático e moi bo amigo, ecoloxista e pacífico, e defende valores de liberdade, solidaridade e igualdade. BASES ·          Calquera persoa ou grupo pode participar (pais, nais, alumn@s, profes, amig@s, familia…), cantos máis mellor! ·          A mascota creada debe ser orixinal. ·          Poderanse presentar o número de propostas que se desexe por persoa ou grupo. ·      

Actuación do pequecoro no Jofre.

Hola a tod@s : O próximo Luns 17 de Decembro as 17:30 actuará o Pequecoro no teatro Jofre de Ferrol. O exito está asegurado!!!! Non o podedes perder. Moitas Gracias.

TALLER DE HIP-HOP

Hola a tod@s: O vindeiro día 18 de Decembro vaise celebrar na Biblioteca do noso Centro un Taller de Hip-Hop a cargo de García MC de 18:00 a 20:00. Tod@s @s que estén interesados, poden matrícularse de xeito gratuíto no centro. A continuación, deixamosvos o curriculum do interprete-docente: GARCÍA MC (Musico de Rap e Activista) Comeza rapeando en galego letras propias, con 13 anos, directamente influenciado por unha das bandas fundacionais do Rap en galego: 5 Talegos. Ao pouco, aínda na adolescencia, pasa a formar parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, editando un traballo discográfico en 2004 ao remate desta aventura. Existía xa pois dende o 2003 o Colectivo HipHopDios Ke Te Crew formación da cal pasa a formar parte co proxecto Ghamberros así como boa parte de 5 Talegos, sumándose nos seus espectáculos tódalas vertentes da Cultura HipHop: Breakdance, Graffiti, Dj´ing, Beat Box... Con DKTC editáronse ata o momento tres traballos discográficos: Xénese 2006, Adiant
Imaxe
Na presente edición do Certamen Internacional Intercentros, temos que felicitar, de novo, ás nosas representantes!!! Lembrades que Tania Villasuso foi a gañadora o pasado ano? Pois este ano,  fantásticas as nosas nenas de novo. ;-)) Carolina Herrera, Iria Folgado e Marta Sánchez eran as nosas representantes na final autonómica. As tres fixeron un gran papel, e Iria e Marta resultaron 1ª e 2ª na eliminatoria de Galicia!!!! Así, Iria desprazouse a Madrid a mostrar o seu talento na final nacional, como fixera Tania o pasado curso. Tocou en quinto lugar, de 16 finalistas de tódalas comunidades autonómicas. Interpretou completo o cuarteto de Mozart, versión oboe e piano, acompañada por Graham Jackson. Coma sempre, tocou fantásticamente, con moito talento e un pulso e agóxica dignos de profesional. A súa coidada afinación e unha posta en escena correcta, valéronlle a SEGUNDA PRAZA na xeral, e un PREMIO Á MELLOR INSTRUMENTISTA DE VENTO MADEIRA.

RECOMENDACIÓN DE DECEMBRO - "La digitación pianística"

Imaxe
Hola a tod@s: Este mes faremos referencia a unha nova adquisición da nosa Biblioteca que seguro interesa a muitos dos nos@s alumn@s que estudian Piano; referímonos ao libro do ilustre pianista Albert Nieto "La digitación pianística".   ¿Pode haber un intérprete que non sentira o efecto beneficiososo dunha boa dixitación? Coidamos que non. Á que vai ao dedo e a obra, á que se adecúa ao corpo e o instrumento ca música... Ata non dar con ela, un sufre. Todo permanece desligado: corpo, instrumento e música porque o corpo está tenso, o piano non canta e a obra cala. Ao atopar unha dixitación xusta, establecese a unión e a obra está en marcha. Este libro podenos axudar a atopar respostas inspiradoras. Albert Nieto trata de amosarnos aquelas dixitacións que den no clavo. Esperamos que vos guste e axude.